Saltar ao contido

Mari (deusa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mari
Imaxe
 Instancia de
 Venerado por
 Patrón de
 Semellante a
Biografía
 Sexo
Familia
 Cónxuxe
Sugaar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fillo/a
Mikelats (en) Traducir
Atarrabi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF186900225 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05xbfp Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Representación de Mari.

Mari, ou Maddi, é a deusa principal da mitoloxía vasca precristiá.[1] É unha divindade feminina que habita en todos os cumes das montañas vascas, recibindo un nome por cada montaña (ademais de ser relacionada e ás veces confundida con Amalur). A máis importante das súas moradas é a cova da cara leste do monte Anboto, á que se coñece como «Cova de Mari» («Mariren Koba» ou «Mariurrika Kobea»), que atribúe a Mari o nome de «Mari de Anboto» ou «Dama de Anboto» («Anbotoko Dama»).[2] Tamén existe na mitoloxía aragonesa baixo o nome de Mariuena.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Entrada de Mariurrika Kobea, en Amboto, morada principal de Mari.

Mari, personificación da nai terra, é raíña da natureza e de todos os elementos que a compoñen. Xeralmente preséntase con corpo e faciana de muller, elegantemente vestida (xeralmente de verde), podendo aparecer tamén en forma híbrida de árbore e de muller con patas de cabra e gadoupas de ave rapaz, ou como unha muller de lume, un arco iris inflamado ou un cabalo que arrastra as nubes. Na súa forma de muller aparece con abundante cabeleira loura que peitea, ao sol, cun peite de ouro.

O seu consorte é Maj ou Sugaar, as súas asistentes son as sorginas e ten dous fillos: Mikelatz (ou Mikelats, o fillo perverso) e Atarrabi (ou Atagorri, o fillo bondadoso), que están sempre enfrontados, unha representación paleocristiá do ben e do mal (Bat-arra-bi é a versión suxerida por Jorge Oteiza, no libro branco do preindoeuropeo, para solucionar o sonema que falta na etimoloxía que propón).

Habita en covas en diferentes montes, aínda que a súa morada principal sitúase na cova situada na parede vertical leste do Amboto, xusto baixo o cume. Nestas covas recibe aos seus fieis, os cales deben gardar un estrito protocolo:

  • Débeselle tutear (falándolle en hika).
  • Hai que saír da cova da mesma forma que se entrou.
  • Non hai que sentar nunca, mesmo recibindo a invitación de facelo, mentres se fala con ela.
  1. Ortiz Oses, Andrés (2007). Kutxa Fundazioa = Fundación Kutxa, ed. "Euskal mitologia : izena duen guztia omen da = Mitología vasca : todo lo que tiene nombre es" (2. ed ed.). pp. 168–169. ISBN 8471734885. Consultado o 2023-03-20.
  2. Satrústegui, José María (1975). "La leyenda del dragón en las tradiciones de Urdiain". Cuadernos de etnología y etnografía de Navarra. pp. 13–30. ISSN 0590-1871. Consultado o 2023-03-20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • La primitiva religión de los vascos, José Dueso, Orain, 1996. ISBN 84-89077-56-8.
  • Euskal Mitología Konparatua, Juan Ignacio Hartsuaga, Kriseilu, 1987.
  • Mito hurbilak, Euskal mitología jendeen bizitzan, Anuntxi Arana, Katuzain, 2000. ISBN 2-913842-04-6.
  • Mitos vascos para pensar, Anuntxi Arana, 2014.
  • Breve inventario de seres mitológicos fantásticos y misteriosos de Aragón. Chema G. Lera. Prames. ISBN 978-84-8321-268-4
  • Mitología vasca: Historia de los mitos y deidades del universo mitológico vasco, Patxi Xabier Lezama Perier, 2018. Red de Lectura Pública de Euskadi / Biblioteca Bilbao-Mediateka BBK de Azkuna Zentroa.