Beatriz de Nürnberg
Nome orixinal | (de) Beatrix fon Nürnberg |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1362 (Gregoriano) Núremberg, Alemaña |
Morte | 10 de xuño de 1414 (51/52 anos) Perchtoldsdorf, Austria (pt) |
Lugar de sepultura | Catedral de Santo Estevo de Viena |
Duquesa | |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duquesa |
Familia | Dinastía Hohenzollern |
Cónxuxe | Albert III, Duke of Austria (1375, 1375 (Gregoriano)–1395) |
Fillos | Alberto IV, Duque da Áustria |
Pais | Frederico V, Burgrave de Nuremberga e Isabel da Mísnia |
Irmáns | Isabel de Nuremberga Katharina von Nürnberg Agnes von Nürnberg Margaret of Hohenzollern-Nuremberg Frederico I de Brandemburgo João III, Burgrave de Nuremberg |
Descrito pola fonte | Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich (en) , (vol:6, p.156) Dictionary of Women Worldwide (pt) |
Beatriz de Nürnberg, tamén coñecida como Beatriz de Hohenzollern (en alemán: Beatrix; nada en Nürnberg en 1362 e finada en Perchtoldsdorf o 10 de xuño de 1414,[1][2] foi duquesa consorte da Austria polo seu casamento con Alberte III de Habsburgo (duque de Austria de 1348 a 1395).[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era filla de Frederico V, burgrave de Nuremberg e da súa esposa Isabel de Misnie.[4]
O 11 de decembro de 1374 asinouse o contrato de matrimonio entre Beatriz e Alberte, fillo de Alberte II de Austria e de Xoana de Pfirt, en Passau, na actual Baviera. Casaron algúns meses despois o 4 de marzo de 1375, en Viena.
A primeira esposa do duque foi Sabela da Bohemia, filla do emperador Carlos IV, que morreu en 1373, sen ter fillos. Beatriz gobernou como duquesa a carón da súa cuñada, Viridis Visconti, esposa de Leopoldo III. En 1379, deixou de ser duquesa de Austria, a consecuencia do Tratado de Neuburgo, nos cales as terras foron divididas entre o seu marido e o irmán, Leopoldo III. Leopoldo ficou coa Austria Anterior, alén doutros dominios xa incorporados (Estiria, Carintia e Carníola), e Alberte quedou coa Alta Austria e a Baixa Austria.[5]
O duque e a duquesa tiveron só un fillo, o duque Alberte IV de Austria, quen casou en 1390 con Xoana Sofía de Baviera.[3]
Faleceu o 10 de xuño de 1414, en Perchtoldsdorf, na Baixa Austria. Foi enterrada na Catedral de Santo Estevo, en Viena.
Descendencia
[editar | editar a fonte]- Alberte IV de Austria (19 de setembro de 1377 – 14 de setembro de 1404), sucesor do pai. Foi marido de Xoana Sofía da Baviera, con quen tivo dous fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BAVARIA, NOBILITY". fmg.ac (en inglés). 26 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Beatrix von Hohenzollern". thepeerage.com (en inglés). 16 de xullo de 2005. Consultado o 27 de xaneiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Louda & MacLagan (1995), p. 156.
- ↑ Omato (2001), p. 201.
- ↑ Beller (2006), p. 31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz de Nürnberg |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beller, Steven (2006). A Concise History of Austria (en inglés). Cambridge/Nova York: Cambridge University Press. ISBN 9780521478861.
- Louda, Jiri; MacLagan, Michael (1995). Les Dynasties d'Europe : héraldique et généalogie des familles impériales et royales (en francés). París: Bordas. ISBN 2-04-027115-5.
- Ornato, Monique (2001). Répertoire prosopographique de personnages apparentés à la couronne de France aux XIVe et XVe siècles (en francés). París: Publications de la Sorbonne. ISBN 2-85944-442-4.