Bea Porrúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBea Porrúa
Biografía
Nacemento(es) Beatriz Porrúa Refojo Editar o valor em Wikidata
8 de novembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Pontecesures, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata


Beatriz Porrúa Refojo, coñecida artisticamente como Bea, nada en Pontecesures o 8 de novembro de 1984, é unha cantante pop galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de Xestión e Administración, e de canto. Entre outubro de 2003 e xaneiro de 2004 formou parte da 3ª edición de Operación Triunfo, pero unha escordadura provocou que a dirección do programa optara por expulsala. Na repesca foi a 2ª máis votada (32,3%), por detrás de Davinia (34,6%), o que non lle impediu conseguir unha carreira discográfica.

O seu primeiro disco foi publicado en decembro de 2004 en Galicia e en xaneiro de 2005 a nivel nacional. Foi producido por Alejo Estivel e contou don dous temas de Rosana e un de Miki Ferrero.

O seu segundo disco foi publicado o 8 de agosto de 2006 en Galicia e en setembro a nivel nacional.

En 2007, decidiu cambiar momentaneamente o micrófono pola escena e debutar esa fin de semana en Vigo como actriz de teatro formando parte do elenco da obra Tarará Chis-Pum, producida polo Centro Dramático Galego e que nos vindeiros meses percorreu boa parte de Galicia, chegando incluso a outros puntos de España coma a cidade asturiana de Xixón.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con OT 3[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Fuego y miel (2004); Inclúe os temas "Dos almas encendidas", "Fuego y miel", "Caricias a la mar", "A pesar", "Si te pudiera tener", "Mi tierra", "Ayer lloró", "No mires atrás", "Hace tiempo", "Buscándote" e "Miña terra" (en galego).
  • Volver a amanecer (2006); Inclúe os temas "Mi estrella", "Al anochecer", "Missing", "Lela", "Vuelo hacia el sol", "Como hemos cambiado", "No puedo ser cobarde", "Soledad", "Una oportunidad", "Dime por qué", "I need your love" e "Negra sombra".

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Tarará Chis-Pum (2007)