Saltar ao contido

Batalla de Vinegar Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Defensa dos rebeldes en Vinegar Hill, por George Cruikshank.

A Batalla de Vinegar Hill (Batalla do Outeiro do Vinagre, en inglés) foi un enfrontamento que tivo lugar o 21 de xuño de 1798 durante a Rebelión irlandesa de 1798 entre forzas da Coroa británica e os Irlandeses Unidos. Naquel combate, ao redor duns 15 000 soldados británicos lanzaron un ataque sobre o outeiro de Vinegar Hill, ás aforas de Enniscorthy, no Condado de Wexford, onde se atopaba o campamento máis grande e sede dos rebeldes en Wexford. A batalla marcou un punto decisivo na Rebelión irlandesa de 1798 xa que era o último intento dos rebeldes de manter e defender o seu territorio perante os militares británicos. A batalla disputouse realmente en dous lugares, no outeiro de Vinegar Hill e nas rúas da vila próxima de Enniscorthy, bastión dos rebeldes.

Preparativos

[editar | editar a fonte]

Para o 18 de xuño, os británicos reuniran ao redor de 20 000 soldados para invadir o Condado de Wexford e esmagar a rebelión. Os líderes rebeldes fixeron un chamamento a todos os seus loitadores para que se reuniran en Vinegar Hill co fin de enfrontarse ao exército nunha gran batalla decisiva. O número de xente que acudiu ao chamamento estímase que foi duns 20 000 homes, pero a maioría carecían de armas de fogo e tiveron que empregar lanzas como a súa arma principal. O campamento incluía moitos miles de mulleres e nenos que permanecían aló coma protección contra os militares que estaban a asolar a zona.

O plan británico, formulado polo Xeneral Lake, comprendía a aniquilación completa do exército rebelde mediante rodear o outeiro e tomar a única vía de escape ao oeste, a ponte sobre o Río Slaney. Para lograr isto, Lake dividiu as súas forzas en catro columnas: tres baixo os Xenerais Dundas, Duff e Needham estaban encargadas de atacar o outeiro de Vinegar Hill, mentres a cuarta baixo o Xeneral Johnson tiña que asaltar Enniscorthy e a súa ponte.

O bombardeo de Vinegar Hill

[editar | editar a fonte]

A batalla comezou pouco antes do alba cun bombardeo de artillaría das posicións irlandesas sobre o outeiro. Aproveitando a cobertura da artillaría, unidades de vangarda británicas movéronse rapidamente cara aos postos defensivos avanzados dos rebeldes, e posteriormente adiantaron as posicións de artillaría a medida que ían asegurando as zonas. O cerco empuxou aos miles de rebeldes a recuar cara a unha área que diminuía constantemente, e que os expuña cada vez máis aos proxectís da artillaría británica. Durante o bombardeo empregáronse proxectís experimentais de explosión retardada, que causaron centos de mortes e de eivados.[1] Polo menos dúas cargas masivas dos rebeldes de Vinegar Hill lograron dar alivio provisional e causaron moitas vítimas entre os británicos, mais fracasaron en romper as liñas dos militares que avanzaban. A posición rebelde sobre o outeiro de Vinegar Hill estaba a volverse desesperada e cando as tropas británicas alcanzaron o seu cumio oriental, os rebeldes emprenderon unha retirada a través dun oco nas liñas británicas. Ese corredor chegou a ser coñecido máis adiante coma "O Oco de Needham", posto que o atraso en chegar das columnas do Xeneral Needham permitiu á gran masa dos rebeldes fuxir a sitio seguro.

O ataque sobre Enniscorthy

[editar | editar a fonte]

Simultaneamente, os británicos lanzaron un ataque contra a vila de Enniscorthy co obxectivo de tomar a ponte que unía Vinegar Hill e a vila, pero atopáronse cunha fera resistencia dos irlandeses que aló se atopaban, liderados por William Barker. O avance británico na vila era lento e sufrían motias vítimas, mentres a localidade asistía por segunda vez nun mes a combates de moita intensidade. Ao final, os rebeldes foron rexeitados cara a outro lado da ponte, pero un gran continxente de irlandeses chegaron coma reforzo, o cal evitou que os militares se abriran paso e conseguiu o suficiente tempo para que a maior parte das forzas rebeldes escaparan ao longo do lado oriental do Río Slaney.

Atrocidades

[editar | editar a fonte]

Cando se facía evidente que a maior parte dos irlandeses se estaban a retirar de Vinegr Hill, se enviou á cabalaría británica, rapidamente seguida pola infantaría. Produciuse unha matanza de centos de atrasados, principalmente mulleres e nenos[2], coma resultado da combinación do ataque da cabalaría e a infantaría, mais tamén pola artillaría, que trocou a munición convencional por munición de metralla para maximizar as vítimas entre as masas que fuxían. Ademais, os militares británicos foron culpables de múltiples casos de violacións en grupo de mulleres no campamento irlandés.[3][4][5]

En Enniscorthy mentres tanto, as tropas británicas prenderon lume a un hospital rebelde improvisado na cidade, queimando vivos aos rebeldes feridos que se atopaban dentro atrapados e indefensos; segundo se comenta, ao día seguinte os seus corpos aínda estaban a asubiar entre as cinsas.[6]

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

Mentres tanto, a maior parte das forzas rebeldes se dirixía tranquila cara ao campamento de Three Rocks (Tres Rochas, en inglés) ás aforas da vila de Wexford, e tras tomar a decisión de abandonar a cidade, se dividiron en dúas columnas distintas co obxectivo de levar a cabo unha nova campaña para estender a rebelión máis alá de Wexford. Unha partiu ao oeste, e a outra ao norte cara ás Montañas Wicklow para unirse coas forzas do Xeneral Joseph Holt.

A derrota non foi polo tanto o golpe definitivo aos rebeldes, tal e como foi tradicionalmente descrito, pero si que alterou o curso da loita dos Irlandeses Unidos pola independencia. A resistencia que seguiu a eses acontecementos tomou a forma de guerra móbil, asaltos, e operacións de guerrilla a grande escala.

Vista actual de Enniscorthy dende o outeiro de Vinegar Hill.
  1. P.121 'The Green Flag: A History of Irish Nationalism' Kee, Robert. (London, 1972)
  2. P. 28, Reinterpreting the 1798 Rebellion in County Wexford - Kevin Whelan, in The Mighty Wave - The 1798 Rebellion in Wexford (1996) ISBN 1-85182-253-4 (Eds. Keogh & Furlong
  3. Whelan p. 28.
  4. Mac Laren, Archibald "A Minute Description of the Battles of Gorey, Arklow and Vinegar Hill; together with the movements of the army through the Wicklow mountains" National Library of Ireland
    and in Charles Dickson "The Wexford Rising in 1798: its cause and course" p. 239-49 (Tralee 1955) ISBN 0-09-477250-9
  5. Kee, See Part 2 Chapter 10.
  6. Furlong, Nicholas. ' ' Fr. John Murphy of Boolavogue, 1753-98. Dublín, 1991. ISBN 0-906602-18-1

Bibliografía

[editar | editar a fonte]