Saltar ao contido

Batalla de Fort Sumter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Fort Sumter
Guerra civil estadounidense Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Resultado
Datas
 Data
1861 Editar o valor en Wikidata
 Data de comezo
12 de abril de 1861 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
14 de abril de 1861 Editar o valor en Wikidata
Forzas
1ª compañía de artillaría dos Estados Unidos
85
Forzas provisionais dos Estados Confederados
Entre 500 - 6000 (estimación)[1]
Baixas
0 (4 feridos) 0 (5 feridos)
Localización
 Situado en
 Localización
Identificadores
Freebase/m/01xynz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A batalla de Fort Sumter foi un bombardeo realizado entre o 12 e o 13 de abril de 1861 polo exército dos Estados Confederados coa finalidade de expulsar a gornición federal que ocupada o Fort Sumter na baía de Charleston en Carolina do Sur. Esta batalla, que non causou ningunha baixa, marca o comezo da Guerra de Secesión (1861-1865) nos Estados Unidos, o conflito máis sanguento de tódalas acontecidas en territorio americano.

As negociacións previas trataron de pactar a rendición das tropas que ocupaban o forte e as condicións do mesmo. Para ámbolos dous bandos, as accións previas tiñan como obxectivo estimular as tropas e convencer aos estados que aínda estaban indecisos a que se unisen á súa causa, intentando presentar ao adversario como o agresor no caso de que finalmente a guerra se fixese efectiva. O conflito comezou a xestarse co enfrontamento do gobernador de Carolina do Sur, Francis Wilkinson Pickens, co Presidente dos Estados Unidos en funcións, o demócrata James Buchanan. Este enfrontamento continuou posteriormente a través do Presidente do Goberno confederado Jefferson Davis co Presidente estadounidense Abraham Lincoln.

Após varios meses de negociacións, o ataque ao forte provocou a mobilización do exército federal por parte de Abraham Lincoln e precipitou ao país á unha guerra fraticida.

  1. National Park Service (ed.). "Fort Sumter Battle Summary". Consultado o 14 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]