Bastille estilizado BΔSTILLE é unha banda do sur de Londres, Inglaterra, formada en 2010. Bastille comezou coma un proxecto en solitario do cantante e compositor Dan Smith, quen máis tarde decidiron formar unha banda. O cuarteto está formado por Dan Smith, Chris 'Woody' Wood, Will Farquarson e Kyle Simmons. O nome da banda provén do día da festa nacional francesa, o 14 de xullo de 1789, a toma da Bastilla durante a Revolución Francesa. Este día tamén é o aniversario de Dan Smith.
Bastille debutou no mes de xuño de 2011 co seu duplo sinxelo «Flaws»/«Icarus». Foi lanzado polo selo londiniense independente 'Young & Lost Club' ao igual có seu EP Laura Palmer máis adiante en 2011. Logo de obteren unha relativa transcendencia a través de sitios coma MySpace e YouTube, a banda captou a atención tanto do público coma da prensa, despois de seren un grupo de apoio durante o verán de 2011. Posteriormente, presentáronse en varios dos principais festivais do Reino Unido, incluíndo o Festival de Glastonbury, Isle of Wight Festival e Blissfields. Despois de lanzaren o seu álbum debut en 2013, Bad Blood o sinxelo Pompeii alcanzou a segunda posición no Reino Unido e foi número un en Irlanda.[2] En xuño de 2013 foi relanzado o sinxelo «Laura Palmer» alcanzando o número 42 no Reino Unido.[2]