Barbara Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBarbara Lago
Biografía
Nacemento1995 Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
O Pindo, España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndisc-jóckey Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoTechno e hard techno Editar o valor em Wikidata

Souncloud: barbaralago Editar o valor em Wikidata

Bárbara Lago, coñecida como Barbara Lago, nada no Pindo (Carnota) en 1995, é unha disc-jóckey galega de techno[1] ou hard techno.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a escoitar música electrónica na adolescencia.[3][4] En 2015 mudouse a vivir á Coruña.[5] Despois dunha etapa de formación e aprendizaxe autodidacta, comezou a facer sesións de quecemento (warm up) na sala Pelícano da Coruña, onde é DJ residente.

Ten feito sesións como convidada en importantes salas españolas, como Nox Club (Madrid), Danzu (Palma) ou City Hall (Barcelona). En 2023 fixo sesións no festival O Son do Camiño.

Da súa música tense dito que combina o acid techno con texturas frías e industriais, e tamén integra estilos como hard techno ou o trance.[6] Ela define o seu estilo como inspirado do de Odd Recordings, ARTS, Figure, Rekids ou Kneaded Pains.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

  • Emergency Control (No Mercy, Iruña, 2023)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Andres Campo y Bárbara Lago: magia electrónica en BClub A Coruña". BeatBurguer (en castelán). 2019-11-06. Consultado o 2024-01-18. 
  2. "Barbara Lago publica "Emergency Control" en el sello No Mercy". Vicious Magazine (en castelán). 2023-09-22. Consultado o 2024-01-18. 
  3. Varela, Kike (2020-04-02). "La escena gallega: Barbara Lago". Wololo Sound (en castelán). Consultado o 2024-01-18. 
  4. Cavaller, Paco (2019-12-23). "Bárbara Lago: "Wake Up me ha hecho aprender como persona y como artista"". BeatBurguer (en castelán). Consultado o 2024-01-18. 
  5. "Bárbara Lago". www.clubbingspain.com (en castelán). 2024-01-20. Consultado o 2024-01-18. 
  6. "Bárbara Lago". LABtheClub (en castelán). Consultado o 2024-01-18. 
  7. "Bárbara Lago: "Wake Up me ha hecho aprender como persona y como artista"". BeatBurguer (en castelán). 2019-12-23. Consultado o 2024-01-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]