Barbara Fölscher
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pretoria, Suráfrica |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Barbara Fölscher, nada en Pretoria, é unha escritora, documentalista e directora de televisión suráfricana. É profesora na Universidade de Stellenbosch e como escritora gañou o premio Eugène Marais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barbara Fölscher naceu en Pretoria e estudou na Universidade de Stellenbosch dende 1979. En 1981 obtivo un título de B.A. e en 1982 unha licenciatura en xornalismo. Traballou durante moito tempo como directora de televisión e cineasta de documentais, o que lle permitiu descubrir a diversa comunidade surafricana dun xeito único. Os seus programas sobre as historias das persoas deste país e o traballo que fixo en Europa, Taiwán, África e Inglaterra, outorgoulle máis de vinte premios xornalísticos. En 1995, estudou na Universidade Harvard e ó seu regreso produciu a serie documental "Chronicles of Change". Os seus programas transmitíronse a través das canles SABC, CNN World Report, PBS e outras canles de Europa. En 1997 foi elixida Presidenta da Conferencia Nieman da África Austral.
Traballou como cineasta independente e vive co seu esposo inglés e tres fillos en Somerset West. En Inglaterra produciu, entre outros, programas documentais, programas especiais en televisión e tamén ofreceu unha serie de programas para o KykNet Art Festival.
Escritora
[editar | editar a fonte]En 2002, escribiu unha colección de contos,[1] Reisgenoot, na que o tema do compañeiro de viaxe adopta diversas formas.[2] Os compañeiros de viaxe son parellas, nenos, traballadores e, sobre todo, o "eu",[3] mentres se mergulla en cuestións como a violencia, o crime, a vulnerabilidade das mulleres e a eliminación emocional das persoas. Kinders grootmaak is nie pap en melk nie é o punto culminante e amosa a historia dun traballador negro. Gañou o Premio Eugène Marais por Reisgenoot en 2003.
En 2007, publicou a novela en lingua inglesa Blind faith, onde confronta o pasado de apartheid do país e as cicatrices que deixou cun complot político que afonda na busca emocional da verdade e a comprensión.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ano | Publicación |
---|---|
2002 | Reisgenoot |
2007 | Blind Faith |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kannemeyer, J.C. “Die Afrikaanse literatuur 1652-2004” Human & Rousseau Kaapstad en Pretoria Eerste uitgawe 2005
- Van Coller, H.P. (red.) “Perspektief en Profiel Deel 3” Van Schaik-Uitgewers Pretoria Eerste uitgawe 2006