Banqueta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha banqueta,[1] tallo[2], meso[3] ou moucho,[4] é un moble que serve de asento, normalmente sostido por tres ou catro patas, pero sen repousabrazos nin respaldo. Normalmente acomoda a un só ocupante. Son tamén moi comúns os deseños pregables.

A orixe das banquetas é escura, pero sábese que son unha das primeiras formas de mobles. Existen banquetas conservadas do Antigo Exipto que se remontan ao II milenio a. C., e era popular na Grecia antiga, o difros era un banqueta de catro patas dispoñible tanto en versión fixa como abatible. Despois poularizouse no Imperio Bizantino espallándose o seu uso por toda Europa, coa axuda das invasións normandas.[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "banqueta". academia.gal. Consultado o 2023. 
  2. "tallo". academia.gal. Consultado o 2023. 
  3. "meso". academia.gal. Consultado o 2023. 
  4. "moucho". academia.gal. Consultado o 2023. 
  5. Chinnery, Victor (1979). Oak Furniture: The British Tradition. Antique Collector's Club. ISBN 0-902028-61-8.