Bandeira dos musqueam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos musqueam
Bandeira dos musqueam
Características
Uso
Proporción1:2
Cores     Turquesa      Branco

A bandeira dos musqueam é o símbolo que representa ao pobo musqueam e á súa nación federal recoñecida. Foi deseñada pola artista musqueam Susan Point,[1] quen tamén axudou a deseñar a bandeira de Nunavut.[2] O deseño da bandeira é un rectángulo canadense branco sobre un campo de verde azulado, cunha punta de frecha no centro que representa un salmón saltando sobre unha rede.

A bandeira foi izada permanentemente no campus de Vancouver da Universidade da Columbia Británica durante unha cerimonia pública o 25 de febreiro de 2019.[1][3] O acto pretendía simbolizar o compromiso da universidade de promover a súa colaboración co pobo musqueam, xa que o campus de Vancouver está situado nun territorio musqueam que nunca foi cedido.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Raising the Musqueam Flag: Acknowledging the past, recognizing our future responsibilities" (en inglés). University of British Columbia. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  2. Bramham, Daphne (17 de marzo de 2019). "Daphne Bramham: By reflecting the past, Susan Point's public art defines the urban landscape". The Vancouver Sun. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  3. "Musqueam flag raised at UBC". Salish Sea Sentinel. Consultado o 9 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]