Bandeira dos cherokees

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos cherokees
Bandeira dos cherokees
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción9 de outubro de 1978
Cores     Laranxa      Negro      Amarelo      Branco      Verde      Marrón

A bandeira dos cherokees foi adoptada oficialmente pola Nación Cherokee de Oklahoma o 9 de outubro de 1978.

Contexto[editar | editar a fonte]

A Nación Cherokee é a meirande das tres tribos federalmente recoñecidas do pobo cherokee nos Estados Unidos. Foron recoñecidos por primeira vez pola administración de Franklin Roosevelt en 1941, que elaborou unha constitución baixo o nome de "Nación Cherokee de Oklahoma". A constitución non foi finalmente ratificada polos membros da tribo ata 1976.

A bandeira cherokee moderna na tumba de Will Rogers en Claremore.

Deseño[editar | editar a fonte]

A bandeira para a nova nación foi deseñada por Stanley John e aprobada polo Consello Tribal Cherokee o 9 de outubro de 1978. A bandeira ten un campo laranxa co "Gran Selo da Nación Cherokee" no centro. O selo está rodeado por sete estrelas amarelas con sete puntas. Cada unha das estrelas apunta cara á estrela do centro do selo. As estrelas de sete puntas representan os sete clans do pobo cherokee.[1]

A versión actual modificou a bandeira nunha resolución aprobada polo consello o 9 de setembro de 1989.[1] Despois, engadiuse unha estrela negra de sete puntas na esquina superior dereita da bandeira para representar a luz que se apagou coa morte dos que pereceron no sendeiro das bágoas.[2] A bandeira oficial tamén ten un bordo de corda verde e negro.[1]

O texto en lingua cherokee no selo central di: "Tsalagihi Ayeli " (tradución: "Nación Cherokee").[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cherokee Flags; Webmaster account; Rootsweb .com; páxina web en liña; consultado en xullo de 2020
  2. "Cherokee Nation website". cherokee.org. Consultado o 16 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]