Bandeira do Couto Mixto
Aparencia
Bandeira de | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:1 |
Adopción | Descoñecida |
A bandeira histórica do desaparecido territorio de Couto Mixto, tal e como a describe o seu penúltimo xefe de Estado Delfín Modesto Brandón nas súas memorias,[1] está formada por dúas franxas verticais, unha branca (lado dereito) e outra azul.
Descoñécese a orixe da bandeira, aínda que se asemella á utilizada por Portugal, entre 1830 e 1910, coas súas cores invertidas. As súas proporcións cadradas poderían indicar unha orixe anterior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brandón, Delfín Modesto (1907). "Interesante Historieta del Coto Mixto: con una digresión político-social-religiosa". A Coruña: 'Tierra Gallega'.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira do Couto Mixto |