Bandeira de Hong Kong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Hong Kong
Bandeira de Hong Kong
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1 de xullo de 1997
Cores     Vermello      Branco

A bandeira de Hong Kong, oficialmente a bandeira rexional da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, (en chinés: 中華人民共和國香港特別行政區區旗) amosa unha flor branca estilizada de cinco pétalos a orquídea de Hong Kong (Bauhinia blakeana) no centro dun campo vermello chinés. O seu deseño orixinal foi presentado o 4 de abril de 1990 na Terceira Sesión do Sétimo Congreso Nacional Popular.[1][2] O deseño actual foi aprobado o 10 de agosto de 1996 no Cuarto Pleno do Comité Preparatorio da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong.[3] O uso preciso da bandeira está regulado polas leis aprobadas pola 58 reunión executiva do Consello de Estado celebrado en Pequín.[4] O deseño da bandeira está consagrado na Lei Básica de Hong Kong, o documento constitucional do territorio,[5] e as normas relativas ao uso, prohibición de uso, aldraxe e fabricación da bandeira están recollidas na Ordenanza Rexional de Bandeira e Emblema Rexional.[6] A bandeira de Hong Kong foi adoptada e izada oficialmente o 1 de xullo de 1997, durante a cerimonia de entrega que marcaba a transferencia da soberanía do Reino Unido a China.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "State Council Gazette Issue No.7 Serial No. 616 (May 26, 1990)" (PDF). www.gov.cn. Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  2. "Decision of the National People's Congress on the Basic Law of the Hong Kong Special Administration Region of the People's Republic of China". Goberno de Hong Kong. 4 de abril de 1990. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2009. 
  3. "Regional Flag and Regional Emblem Ordinance". Hong Kong e-Legislation. Consultado o 4 de xaneiro de 2021. 
  4. Laws and Regulations of the People's Republic of China. China Legal Publishing House. 2001. p. iv. ISBN 7-80083-759-9. 
  5. "Basic Law Full Text". Hong Kong Special Administrative Region. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2009. 
  6. "Regional Flag and Regional Emblem Ordinance" (PDF). Bilingual Laws Information System. 1 de xullo de 1997. Consultado o 25 de xullo de 2009. 
  7. Jeffrey Aaronson. "Schedule of Events". Time. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2009. Consultado o 1 de novembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]