Bandeira de Castela-A Mancha
| Bandeira de Castela-A Mancha | |
|---|---|
| Características | |
| Uso | |
| Proporción | 2:3 |
| Adopción | 10 de agosto de 1986 |
| Cores | Vermello Branco Amarelo Azul |
A bandeira de Castela–A Mancha é un dos símbolos representativos da Comunidade Autónoma de Castela–A Mancha, en España, definida polo seu Estatuto de Autonomía.
Historia
[editar | editar a fonte]Creada xa a rexión de Castela-A Mancha en réxime de preautonomía, e antes de elaborarse o Estatuto de autonomía, os partidos políticos presentes no chamado ente preautonómico, deciden adoptar uns símbolos distintivos para a rexión. A escolla do distintivo foi obxecto de estudos e propostas. Discutíronse sete proxectos razoados na reunión da Xunta celebrada en Albacete o 11 de xaneiro de 1980, e finalmente foi elixido o presentado por Ramón José Maldonado y Cocat, heraldista manchego, académico correspondente da Historia, a cuxa obra se debe gran parte dos escudos heráldicos municipais adoptados na segunda metade do século XX na provincia de Cidade Real.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]- Pendón histórico de Castela en fondo carmesí.
- Pendón de Castela a Nova e o seu precursor, o Reino de Toledo.
- Cruz da Orde de Santiago.
- Proposta de bandeira da Mancha de 1906.
- Proposta de bandeira da Mancha de 1919.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Castela-A Mancha |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gavira, Ignacio (2007). "Los símbolos de Castilla-La Mancha" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2007.
- Bandeira de Castela-A Mancha en Flags of the World (en inglés)