Bandeira das Illas Malvinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Bandeira das Malvinas
Bandeira das Malvinas
Características
Uso
Proporción 1:2
Adopción 25 de xaneiro de 1999
Cores

     Vermello      Azul

     Branco

A bandeira das Illas Malvinas foi adoptada o 25 de xaneiro de 1999 e consiste nun pavillón azul coa bandeira do Reino Unido no cantón (esquina superior esquerda) e o escudo do territorio británico de ultramar superposto.

Historia e uso[editar | editar a fonte]

A primeira bandeira das Malvinas adoptouse en 1876 e consistía nun pavillón azul co antigo escudo das illas superpostos. O escudo (e polo tanto a bandeira) modificouse o 16 de outubro de 1925.

O primeiro escudo era un selo que consistía nunha imaxe do HMS Hebe (que levou a moitos dos primeiros colonos británicos ás illas, entre eles Richard Moody, na década de 1840) no estreito de San Carlos, pasado por alto por un touro (representando ó gando salvaxe que outrora vagaba polas illas).[1] un novo estandarte das illas foi presentado o 16 de outubro de 1925, dividido diagonalmente, contando co Desire con fondo azul e un lobo mariño en fondo dourado, co lema das illas. Este escudo de armas máis tarde sustituíu a imaxe do touro e o barco na bandeira.[2]

O 29 de setembro de 1948, a bandeira foi actualizada para incluír o escudo actual superposto sobre un disco branco. En 1999, o tamaño do escudo aumentou e o disco branco foi eliminado para crear a bandeira actual.

Galería[editar | editar a fonte]

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Antigas bandeiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Prothero, David (9 de xaneiro de 2000). "Falkland Islands - 19th Century flag" (en inglés). CRW Flags. Consultado o 12 de setembro de 2014. 
  2. Prothero, David (3 de maio de 2005). "Falkland Islands (1937-1948)" (en inglés). CRW Flags. Consultado o 12 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]