Bandeira da Nación Navajo
Aparencia
Bandeira da Nación Navajo | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 10:19 |
Adopción | 21 de maio de 1968 |
Cores | Area Vermello Amarelo Azul Negro Marrón Marrón escuro Branco Verde |
A bandeira da Nación Navajo é bandeira oficial da Nación Navajo, un terrritorio nativo americano que se atopa nas catro esquinas dos estados de Arizona, Novo México e Utah.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O 21 de maio de 1968, a bandeira foi adoptada pola Nación Navajo, unha reserva india do Suroeste dos Estados Unidos. Esta bandeira foi deseñada por Jay R. Degroat, un estudante de Mariano Lake, Novo México e foi escollida entre 140 propostas. Incorpora elementos do selo tribal deseñado por John Claw, Jr. e adoptado o 18 de xaneiro de 1952.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Navajo Nation Government | Seal & Flag". dine.sanjuan.k12.ut.us. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2015. Consultado o 21 de maio de 2015.