Baltasar Moscoso Sandoval
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Baltasar Moscoso y Sandoval 9 de marzo de 1589 Galicia, España |
Morte | 17 de setembro de 1665 (76 anos) Madrid, España |
Arcebispo de Toledo | |
28 de maio de 1646 – ← Gaspar de Borja y Velasco (pt) – Pascual de Aragón (pt) → | |
Bispo de Xaén | |
29 de abril de 1619 – ← Francisco Martínez de Cenicero (en) – Juan Queipo de Llano y Flórez (pt) → Diocese: diocese de Xaén | |
Cardeal | |
2 de decembro de 1615 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1619–), sacerdote católico (1616–) |
Consagración | Fernando de Acevedo |
Baltasar Moscoso Sandoval, nado o 9 de marzo de 1589 en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665 foi un cardeal da Igrexa Católica.
Biografía
[editar | editar a fonte]Era fillo do conde de Altamira, Lope Moscoso Ossorio, e sobriño do duque de Lerma e cardeal Francisco de Sandoval Rojas, valido do rei Filipe III, e tamén parente do cardeal Bernardo Sandoval Rojas.
Por mor das influencias familiares tivo unha carreira rápida e de importancia. Foi nomeado cardeal cando tiña tan só 26 anos polo papa Paulo V, e recibiu de Filipe III a tarefa de solicitar da Santa Sé a súa intervención contra os protestantes.
En Navalcarnero, o 17 de outubro de 1649 foi o encargado de oficiar o casamento do rei Filipe IV con Mariana de Austria. Foi tamén supremo Chanceler de Castela e conselleiro de Estado, nomeado por Filipe IV.
- Bispo de Xaén do 29 de abril de 1619 ao 28 de maio de 1646. Durante o seu mandato fixéronse grandes obras na Catedral.
- Arcebispo de Toledo do 28 de maio de 1646 ao 17 de setembro de 1665.
Está enterrado na catedral de Toledo, na capela do Descendemento.