Catedral de Xaén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Catedral de Xaén
Jaén-Catedral de la Asunción VPSM-20110919.jpg
Fachada da catedral.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónAndalucía Andalucía
TipoCatedral
AdvocaciónAsunción da Virxe
LocalizaciónXaén
Coordenadas37°45′54″N 3°47′24″O / 37.765, -3.7899Coordenadas: 37°45′54″N 3°47′24″O / 37.765, -3.7899
CatalogaciónMonumento Nacional (1931)
Culto
CultoIgrexa Católica
Diocesediocese católica latina de Xaén
Arquitectura
Construción1249-1724
EstiloRenacemento
Páxina webcatedraldejaen.org
Catedral de Xaén en Andalucía
Catedral de Xaén
Catedral de Xaén
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa Catedral da Asunción da Virxe é a catedral renacentista de Xaén, sede do bispado de Xaén, na comunidade autónoma de Andalucía, España. Atópase na praza de Santa María, fronte ó Palacio Municipal e ó Palacio Episcopal. A catedral actual foi concibida no século XVI para substituír o anterior templo gótico do século XV. A construción prolongouse durante varios séculos, e malia isto, a idea orixinal ficou intacta. Destacan a sala capitular e a sancristía, que son a obra cumio de Andrés de Vandelvira, e unha da obras máis importantes do renacemento español. Tamén é sobresaínte a súa fachada principal, unha das principais obras do barroco español, construída trala consagración do templo en 1660. Destaca tamén o coro neoclásico.

A Catedral de Xaén aspira na actualidade a converterse en Patrimonio da Humanidade,[1] xa que serviu de modelo para a construción doutras catedrais de España e América.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. noticiascadadia.com (ed.). "O expediente da catedral de Xaén estará listo nun ano". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 14 de abril de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]