Baltasar Darder Sansó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Baltasar Darder Sansó
Nacemento16 de abril de 1948
 Ariany
Falecemento6 de abril de 1991
 Palma
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncultural activist
editar datos en Wikidata ]

Baltasar Darder Sansó, nado en Ariany o 16 de abril de 1948 e finado en Palma o 6 de abril de 1991, foi un filólogo, mestre e promotor sociocultural mallorquín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1975 diplomouse en Maxisterio pola Escola Universitària de Formació del Professorat d'Educació General Bàsica, de Palma. En 1988 licenciouse en filoloxía catalá pola Universitat de les Illes Balears.

Foi un activista social, e un gran promotor da cultura catalá, amais de coordinar diversos proxectos culturais. Entre 1973 e 1988 dirixiu a escola do padroado xitano de Son Banya. O 1 de maio de 1975 foi detido por repartir propaganda da Junta Democrática de Mallorca[1].

En 1991, trala súa morte, foille concedido o galardón Francesc de Borja Moll dos Premios 31 de desembre. Na actualidade unha asociación e un local social levan o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Primer de maig", artigo de Miquel López Crespí en www.nodo50.org (en catalán).