Balance, Not Symmetry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Balance, Not Symmetry
Álbum de Biffy Clyro
Publicado17 de maio de 2019
Gravación2018 - 2019
Estudio(s)AIR Studios, Inglaterra
Monnow Valley Studio, Gales
ICP Studios, Bélxica
Duración65:15
Xénero(s)rock alternativo, rock progresivo
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porAdam Noble, Biffy Clyro
Cronoloxía
MTV Unplugged: Live at Roundhouse, London
(2018)
Balance, Not Symmetry A Celebration of Endings
(2020)

Balance, Not Symmetry é o oitavo álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, publicado o 17 de maio de 2019 a través do selo Warner Bros. Records. O disco tamén serve como banda sonora para a película do mesmo nome, co-escrita polo líder do grupo Simon Neil. O álbum foi gravado nos AIR Studios en Inglaterra, no Monnow Valley Studio en Gales e nos ICP Studios en Bélxica coa coprodución de Adam Noble. Inicialmente só estivo dispoñible como descarga dixital e en streaming e foi lanzado en vinilo o día 26 de xullo de 2019.

Tras o seu lanzamento Balance, Not Symmetry estreouse no número 8 da lista escocesa de álbums[1] e no 36 da británica.[2] A súa canción título, publicada como sinxelo principal do disco, foi número 65 na lista de sinxelos escocesa e 19 na lista se sinxelos de rock e metal británica.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Simon Neil; compositores adicionais listados. 

N.º Título Duración
1. "Balance, Not Symmetry"   3:01
2. "All Singing and All Dancing"   4:21
3. "Different Kind of Love"   3:28
4. "Sunrise"   5:01
5. "Pink"   1:50
6. "Colour Wheel"   5:07
7. "Gates of Heaven"   2:40
8. "Fever Dream"   6:12
9. "Navy Blue"   1:43
10. "Tunnels and Trees"   4:07
11. "Plead"   4:09
12. "The Naturals"   4:19
13. "Yellow"   2:25
14. "Touch"   5:29
15. "Jasabiab"   2:56
16. "Following Master"   4:41
17. "Adored"   3:46
65:15

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Official Scottish Albums Chart Top 100 | Official Charts Company". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2020-08-14. 
  2. "Biffy Clyro | full Official Chart History | Official Charts Company". www.officialcharts.com. Consultado o 2020-08-14.