Saltar ao contido

Mountains

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mountains
Biffy Clyro Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
18 de agosto de 2008 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
 Sucedido por
Fontes e ligazóns
Freebase/m/047n3zl Editar o valor en Wikidata
Discogs: 133119 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

"Mountains" é unha canción da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editada como sinxelo o 18 de agosto do 2008. Orixinalmente foi publicado como sinxelo independente, pero posteriormente a canción foi incluída no quinto álbum do grupo, Only Revolutions. O tema conseguiu o mellor posto de Biffy Clyro nas listas de sinxelo británicas ao acadar o posto número 5.

"Mountains" orixinalmente chamouse "Teeth or Mountains", e foi interpretada ao vivo por vez primeira no Electric Festival en Xetafe, o 30 de maio do ano 2008. O tema é a 40 canción de rock con máis vendas do século XXI no Reino Unido, ao venderse ao redor das 200.000 unidades.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Cancións e letras por Simon Neil. Música por Biffy Clyro.

CD
  1. "Mountains" – 3:23
  2. "Little Soldiers" – 2:46
7" Picture Disc #1
  1. "Mountains" – 3:23
  2. "Paperfriend" – 4:07
7" Picture Disc #2
  1. "Mountains" – 3:23
  2. "Robbery" – 1:54
iTunes
  1. "Mountains (Acoustic Version)"