Converteuse de zona rural a zona urbana debido a unha forte migración a finais dos anos sesenta. Agora é un activo centro comercial transitorio e a cidade máis importante da rexión de Amazonas, cunha poboación de máis de 100000habitantes.
A zona urbana está emprazada nunha ladeira, sendo unha cidade moi cálida e fértil, onde chove durante case todo o ano. A economía está baseada no comercio e a produción agrícola, en especial de arroz, millo e café. O comercio é activo coas cidades de Chiclayo, Jaén, e co veciño departamento de San Martín. Posúe industrias menores, de pilado e muíños de arroz, e embotelladoras de augas gasosas.