Bólido
En astronomía, un bólido é unha masa de material procedente do espazo que atravesa a atmosfera da Terra a gran velocidade, con gran brillo, e que pode estoupar e fragmentarse en pedazos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]É un meteoro moi brillante, caracterizado por parecer unha bóla de fogo e crear unha pegada luminosa, producida pola entrada na atmosfera terrestre dun meteoroide cunha masa da orde das toneladas, que xeralmente explota antes de chegar ao solo e que produce un estrondo apreciábel.[2]
Un bólido presenta a aparencia dunha esfera de fogo, e non un aspecto puntual ou estelar. O suo luminoso que deixa ao seu paso pola atmosfera persiste un tempo superior ás decenas de segundos, e pode chegar a ser de varios minutos e incluso de media hora. Chega acompañado de fenómenos acústicos como unha explosión e ás veces pódense encontrar no solo algúns fragmentos do meteoro que resisten á completa volatilización no seu paso pola atmosfera.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Nome | Masa | Altitude | Duración | |
---|---|---|---|---|
Estrela fugaz | orde do g | 110-80 km | 1-2 s | |
Meteoro | orde do kg | 80-50 km | 2-5 s | |
Bólido | de 0,5 a 10 T | 50-13 km | 5-40 s |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ bólido no Dicionario da RAG.
- ↑ Stephen P. Maran (2010). Astronomy For Dummies. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. p. 60. ISBN 978-1-1180-5456-7. Consultado o 23 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bólido |