Azur Air

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Azur Air
Азур Эйр
Azur Air logo.png
IATA
ZF
OACI
KTK
Indicativo
AZUR AIR
Fundación1992 (como Katekavia)
Aeroporto principalMoscova-Domodedovo
SubsidiariasAzur Air Germany
Azur Air Ukraine
Frota21
HoldingAnex Tourism Group
Páxina web: http://www.azurair.com

Azur Air, anteriormente Katekavia, é unha aeroliña chárter e antiga aeroliña rexional rusa. Inicialmente estivo baseada no aeroporto de Krasnoyarsk Cheremshanka, o aeroporto doméstico que serve á cidade de Krasnoyarsk, e todos os seus destinos atopábanse dentro do krai de Krasnoyarsk. No presente serve principalmente destinos vacacionais dende Moscova-Domodedovo, ademais dalgúns domésticos.

Historia[editar | editar a fonte]

A aeroliña iniciou as súas operacións en 1995 realizando voos rexionais dende os aeroportos de Krasnoyarsk Cheremshanka e de Krasnoyarsk-Yemelyanovo.[1] A compañía tamén operaba servizos chárter cara Siberia e Iacutia.

NO ano 2010 transportou a uns 122 000 pasaxeiros,[2] e no ano 2010 comezou a mercar avións máis grandes, principalmente Tupolev Tu-134. En abril de 2014 a aeroliña tiña tres avións deste tipo na súa frota.[1] Nese mesmo mes a aeroliña comezou a operar voos regulares entre Krasnoyarsk-Yemelyanovo e as cidades siberianas de Surgut e Tomsk.

En 2015 Katekavia foi rebautizada como Azur Air e converteuse nunha aeroliña vacacional. No mes de decembro confirmouse que o seu antigo propietario, UTair Aviation, vendera Azur Air á compañía turística turca Anex Tourism Group,[3] que tamén marcara Azur Air Ukraine, a antiga UTair-Ukraine, unhas semanas antes.[3]

En febreiro de 2018 a autoridade rusa de aviación civil, Rosaviatsia, anunciou que Azur Air enfrontábase a unha suspensión da súa licenza operacional o 20 de marzo se a aeroliña non solucionaba algunhas presuntas violacións de seguridade. Debido a isto a axencia de turismo rusa Rozturizm advertíu aos turoperadores que non vendesen billetes da aeroliña.[4]

Frota[editar | editar a fonte]

En abril de 2018 a frota de Azur Air estaba formada polos seguintes avións:[5]

Frota de Azur Air
Avión In Service Padidos Pasaxeiros Notas
Boeing 737-800 6 189
Boeing 757-200 8 238
Boeing 767-300ER 7 336
Total 21

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Russian Planes (ed.). "Azur Air (Катэкавиа)". Consultado o 21 de maio de 2018. 
  2. Sputnik (ed.). "Death toll in Russia's East Siberia airliner crash rises to 12 (Update-4)". Consultado o 21 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 ch-aviation (ed.). "Russia's UTair Group offloads Azur Air unit to Turkey's ATG". Consultado o 21 de maio de 2018. 
  4. ch-aviation (ed.). "Russia's tourism body warns against selling Azur Air tickets". Consultado o 21 de maio de 2018. 
  5. Planespotters (ed.). "Azur Air Fleet Details and History". Consultado o 21 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]