Azur (satélite)
Azur | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | NASA/BMWF |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 8 de novembro de 1969[1][2][3] |
Foguete portador | Scout B[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos cintos de radiación terrestres.[2][4][5] |
NSSDC ID | 1969-097A |
Masa | 70,7 kg[2][4][6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7324,7 km[1] |
Inclinación | 102,7 graos[1] |
Apoapse | 1537,0 km[1] |
Periapse | 370,3 km[1] |
Azur é o nome dun satélite artificial alemán lanzado en colaboración coa NASA o 8 de novembro de 1969 mediante un foguete Scout B desde a base Vandenberg das Forza Aérea.
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Azur consistiu en obter datos sobre os cintos de radiación da Terra. Para iso adicouse a obter o espectro de enerxía dos protóns e electróns da zona interior dos cintos, a medir os fluxos de electróns con enerxía maior de 40 keV e direccións paralelas, antiparalelas e perpendiculares ás liñas de campo magnético sobre zonas aurorais e a medir protóns solares.[2]
24 horas despois do lanzamento o sistema de mando do satélite empezou a experimentar problemas intermitentes que duraron toda a misión. A gravadora de cinta fallou o 8 de decembro de 1969. Antes do fallo, o equipo do proxecto estimou que se recollera entre o 85% e o 90% dos datos esperados ó inicio da misión. A telemetría do satélite fallou totalmente a principios de xullo de 1970, dando fin á misión.[2]
Instrumentación
[editar | editar a fonte]Azur levaba sete instrumentos a bordo:[4]
- Un magnetómetro de porta de fluxo.
- Un telescopio de protóns e partículas alfa.
- Un telescopio de protóns.
- Un detector de electróns e protóns.
- Un contador Geiger para electróns.
- Un contador Geiger Mueller.
- Un fotómetro auroral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AZUR (GRS A)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "Azur" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ "Letter dated 17 April 1970 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (70-10824). 11 de maio de 1970. Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Azur (GRS 1)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ "PROGRESS WITH AZUR" (PDF). FLIGHT International: 646. 17 de abril de 1969. Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ Mark Wade (2011). "AZUR" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.