Azov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 47°06′00″N 39°25′00″L / 47.10000, -39.41667

Azov
Flag of Azov.svg
Coat of Arms of Azov.svg
Localización
Rusia (Europa)
Azov
Azov
País Flag of Russia.svg Rusia
Óblast Rostov
Xeografía
Altitude 40 msnm
Superficie 67,5 km²
Demografía
Poboación 82.937 hab. (2010)
Densidade 1228,7 hab/km²
Outros datos
Código postal 346780
Alcalde Vladimir Valerevich Raschupkin
Páxina oficial

Azov (Азов en ruso) é unha cidade do Óblast de Rostov, Rusia, situada no río Don, a seis quilómetros do mar de Azov. Ten 81.700 habitantes (2002).
No III a.C. os gregos fundaron a colonia de Tanais na foz do Don, no século III os godos destruíron a cidade, os restos localízanse a poucos quilómetros da cidade. No século X a área pasou ao principado eslavo de Tmutarakan, os turcos kipchaks fixéronse co control do territorio ao que denominaron azak (terras baixas) de onde deriva o nome da cidade. Os venecianos e xenoveses fundaron unha colonia no sitio onde actualmente está situdada Azov, a que deron o nome de Tana, en 1471 os turcos tomaron a cidade e construíron unha fortaleza en Azov. En 1637 os cosacos conquistaron a fortaleza, e en 1641 os cosacos resistiron un longo sitio dos otománs, en 1642 o tsar decidiu render a fortaleza. En 1774 pasou definitivamente a Rusia.