Axuda:Usar bots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina pretende axudar aos usuarios da Galipedia a empregar bots. Hai que ter moito coidado porque as modificacións son difíciles de desfacer.

Un bot é un programa informático pequeno. Pode estar escrito en diferentes linguaxes de programación, como perl, Java, PHP etc., pero os máis frecuentes na Wikipedia estano en python e serán estes os que se expliquen aquí. Non é preciso coñecer nada de programación para podelos empregar.

Preparación[editar | editar a fonte]

Cómpre ter só dúas cousas: un intérprete de python e o software dos bots en si, que se chama Python Wikipedia Robot ou, abreviado, pywikipedia.

Intérprete de python[editar | editar a fonte]

Unix e Linux Windows e Macintosh OS X
A maioría das distribucións de Unix e Linux xa o inclúen. Se non é así, abonda con instalalo:
apt-get install python

ou

rpm -i python
Para Windows está dispoñíbel na páxina de python e só hai que instalalo (normalmente o "Windows installer").

Na mesma páxina hai a versión para OS X, que tamén se pode instalar como en Unix.

pywikipedia[editar | editar a fonte]

O software vén na forma de varios ficheiros e directorios dentro dun chamado pywikipedia. Os ficheiros que rematan coa extensión .py son os executábeis, isto é, os programas que poderemos empregar. Cada un ten un obxectivo distinto.

  1. En sourceforge está a versión estábel. Atópase comprimida nos formatos zip ou tgz. Descárgase e colócase (en Unix normalmente en ~/pywikipedia e en Windows no directorio no que se instalou python). De optar por esta versión, que é a máis sinxela, pase á sección sobre como configurar para a Galipedia.
  2. Existe unha versión en desenvolvemento mediante Subversion (SVN), que é un sistema colaborativo para a creación de software:
En Linux pódese empregar esvn.
En Windows pódese empregar TortoiseSVN.
Na liña de comandos escríbese o seguinte comando:
svn checkout http://svn.wikimedia.org/svnroot/pywikipedia/trunk/pywikipedia/ pywikipedia
Para non empregar a liña de comandos hai instrucións en http://svn.wikimedia.org/svnroot/pywikipedia/trunk/pywikipedia/.

Configuración para a Galipedia[editar | editar a fonte]

Cun editor de texto créase un ficheiro chamado user-config.py que se coloca dentro do directorio pywikipedia no que están os bots. O contido é o seguinte:

family = 'wikipedia'
usernames['wikipedia']['gl'] = 'NOME_DO_TEU_BOT'
mylang = 'gl'

Rexistro na Galipedia[editar | editar a fonte]

Hai que rexistrar un novo usuario NOME_DO_TEU_BOT seguindo o procedemento habitual, ler as normas da Galipedia para bots e solicitar que se aprobe.

Escoller e executar un programa[editar | editar a fonte]

No directorio pywikipedia os ficheiros que rematan coa extensión .py son os executábeis. Abríndoos cun editor de texto, as primeiras liñas explican a súa función e as opcións. Existe un índice no ficheiro CONTENTS. Algúns destes programas están deseñados para traballar sobre categorías.

Para executar un programa determinado, ábrese unha consola (en Unix ou Linux ou en MS-DOS) e invócase o intérprete de python seguido do nome do bot e as opcións.

O primeiro que hai que facer é entrar na Galipedia. Para isto escríbese:

python login.py

que le a información incluída en user-config.py, pide o contrasinal e se rexistra na Galipedia. Verase algo parecido a isto:

python login.py
Checked for running processes. 1 processes currently running, including the current process.
Password for user NOME_DO_TEU_BOT on wikipedia:gl:
Logging in to wikipedia:gl as NOME_DO_TEU_BOT
Should be logged in now

A continuación xa se pode executar un programa. Por exemplo, o bot category.py traballa sobre as categorías e pode engadir e eliminar categorías das páxinas, mover todas as páxinas dunha categoría a outra ou "limpar" unha categoría movendo os seus artigos a subcategorías. No exemplo seguinte movéronse os artigos na categoría Fotógrafos á categoría Categoría:Personalidades da fotografía:

python category.py move
Checked for running processes. 1 processes currently running, including the current process.
Reading dump from category.dump.bz2
Please enter the old name of the category: Fotógrafos
Please enter the new name of the category: Personalidades da fotografía

Que comeza a actuar así:

Getting [[Category:Fotógrafos]]...
Getting 9 pages from wikipedia:gl...
Getting a page to check if we're logged in on wikipedia:gl
Changing page [[gl:Andrea Costas]]
Sleeping for 8.9 seconds, 2007-05-18 20:08:09
Changing page [[gl:Javier Albertos]]
Sleeping for 6.6 seconds, 2007-05-18 20:08:21

etc.

Obsérvese que é importante escribir maiúsculas e minúsculas como corresponda. Este bot funcionou sen atención humana: unha vez dada a instrución comezou a traballar e realizar os cambios. Cómpre ter moito coidado ao empregar bots porque as modificacións son difíciles de desfacer. É preferíbel utilizar outros programas que precisan da interacción co usuario que está diante do ordenador.

Páxina do bot[editar | editar a fonte]

Algúns usuarios utilizan os marcadores Modelo:bot na páxina do bot para identificalo claramente como tal e Detención-Emerxencia-Bot para permitir que un administrador o deteña rapidamente no caso de que se estea a comportar de maneira incontrolada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Frecha. Volver á páxina de axuda.