Axuda:Lista de vixilancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Calquera cunha conta de usuario pode escoller ser notificado cando certa páxina cambia usando o característica vixiar e a lista de vixilancia. Esta característica permite aos usuarios interesados nunha páxina particular ver os cambios que se realizan.

Controlar que páxinas están vixiadas[editar | editar a fonte]

Unha vez rexistrado, dependendo da configuración da túa conta, atoparás unha icona dunha estrela na parte superior dos artigos ou unha lapela co texto "vixiar". A icona dunha estrela branca (Engadir esta páxina á súa lista de vixilancia) está na marxe superior de cada páxina (na liña de discusión, editar, historial, etc.). Premendo nesta icona, engadirás a páxina actual e a correspondente páxina de conversa (ou se é unha páxina de conversa, esta páxina e a principal correspondente) á colección de páxinas da túa «lista de vixilancia», polo que a estrela colorearase de azul (Borrar esta páxina da súa lista de vixilancia). Premendo novamente quitarala. Funciona do mesmo xeito coas lapelas "vixiar" e "deixar de vixiar".

Cando queiras gravar unha páxina editada, o novo estado de vixilancia («vixiar» ou «deixar de vixiar») estará determinado pola caixa de selección Vixiar esta páxina.

Se se activa na sección edición das preferencias Vixiar páxinas modificadas, a caixa de selección durante a edición estará automaticamente seleccionada, así que a non ser que a deselecciones antes de gravar, toda páxina editada sempre será vixiada tras gravar.

Como ler a lista de vixilancia[editar | editar a fonte]

A lista de vixilancia é unha lista separada por días, ordenada descendentemente pola data da edición.

Cada liña mostra o detalle de cada edición: se é menor (m), feita por un bot (b), a data, unha ligazón á páxina, unha ligazón ás diferenzas («dif») que supón a edición en cuestión, unha ligazón á páxina de historial («hist»), o nome de usuario do editor ou a súa dirección IP, o incremento (verde) ou decremento (vermello) no número de bytes, ex. (+76), (-490) ou, se é maior de 500, en letras grosas: (+794), (-2412), e o resumo de edición.

Tecnicamente, a lista de vixilancia é outra forma de filtrar cambios recentes. As entradas proceden da táboa recentchanges, e por tanto limítase a edicións de non máis de 30 días (o valor actual da variable $wgRCMaxAge da Wikipedia).

Opcións adicionais da lista de vixilancia[editar | editar a fonte]

Ser informado por correo electrónico[editar | editar a fonte]

Aqueles usuarios rexistrados que teñan habilitada unha dirección de correo electrónico poden recibir avisos de modificacións da súa lista de vixilancia por este medio. Para configuralo deben acudir a preferencias → perfil de usuario, apartado "opcións de correo electrónico" e ter activada a opción «Enviarme un correo electrónico cando se modifique unha páxina na miña lista de vixilancia».

Visualización da lista de vixilancia[editar | editar a fonte]

A lista de vixilancia mostra por defecto as edicións realizadas nos últimos 3 días ata un máximo de 250 edicións. Isto pode modificarse para mostrar máis ou menos días ou edicións, ben momentaneamente na propia páxina de lista de vixilancia, modificando os parámetros do apartado «Opcións da lista de vixilancia», ou permanentemente acudindo a preferencias → vixilancia, apartado «Opcións de visualización» configurándoo segundo estimes. Se se opta pola modificación permanente, a partir do momento da nova configuración a túa lista de vixilancia mostrarase segundo os novos parámetros.

Nota: O sistema só permite visualizar a lista de vixilancia ata un máximo de 30 días de antigüidade e 1000 edicións.

Opcións avanzadas[editar | editar a fonte]

Na páxina de configuración preferencias → vixilancia, apartado «Opcións avanzadas» pódense modificar segundo as necesidades outros parámetros de maneira permanente da páxina de vixilancia. Por exemplo pódese desactivar a opción por defecto que pon en vixilancia automaticamente calquera páxina creada polo usuario ou ocultar da túa lista de vixilancia aquelas edicións realizadas por ti.

Clave[editar | editar a fonte]

Cada usuario ten unha clave específica para a súa lista de vixilancia xerada automaticamente. A clave pode ser reiniciada no caso de que a seguridade da conta fose comprometida. Esta clave pode ser útil para o usuario, pois permite configurar un feed RSS ou Atom para acceder remotamente á lista de vixilancia sen necesidade de ter iniciado sesión en Wikipedia como usuario.

Ó teu feed RSS da túa lista de vixilancia pódese acceder en http://gl.wikipedia.org/w/api.php?action=feedwatchlist&wlowner=USERNAME&wltoken=TOKEN, onde USERNAME é o teu nome de usuario (sen o prefixo Usuario:) e TOKEN a clave de usuario anteriormente citada. Se prefires utilizar un feed Atom en lugar de RSS, engade "&feedformat=atom" ao final do vínculo anterior.


Frecha. Volver á páxina de axuda.