Axuda:Introdución a Wikipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Introdución á contribución en Wikipedia
Wikipedia é unha enciclopedia libre, escrita colaborativamente polas persoas que a usan. Os seus 204.907 artigos (Wikipedia en galego) poden ser editados por calquera persoa, e tódolos cambios son rexistrados no historial dos artigos. Para unha descrición máis detallada do proxecto, consulte Acerca de Wikipedia.

Como pode contribuír?

Que é Wikipedia? (en castelán)

Non teña medo a editar – Calquera persoa pode editar case tódalas páxinas, só atope algo que poida ser mellorado e fágao!. Pode crear novos artigos, mellorar artigos existentes engadindo contido, referencias e imaxes, ou facer correccións de ortografía, gramática e lexibilidade. Se desexa engadir novos contidos, por favor intente proporcionar referencias fiables para que poidan ser verificados. Lembre, non romperá nada; tódalas edicións poden ser consolidadas ou melloradas posteriormente. Así que adiante, edite un artigo e axude a facer de Wikipedia a mellor fonte de información en Internet.

Suxira melloras – Cada artigo ten tamén unha páxina de conversa, onde pode suxerir melloras e correccións de contido.

Doe - Wikipedia é libre de usar, pero depende de doazóns para que siga sendo así. Por favor considere doar usando a ligazón Doazóns situada no lateral esquerdo e axude a cubrir os seus custos de mantemento.


Por que non probar o editor agora mesmo?

Pode probar como se edita agora mesmo, editando unha das páxinas de proba.

Probe a editar


Simplemente escriba algo e prema en Gardar a páxina, na parte inferior.


Rexístrese para crear unha conta

Pode editar de forma anónima, pero hai moitos beneficios se crea unha conta.

Rexístrese


Hai moito máis detrás

A diversidade e o entusiasmo da comunidade Wikipedia, por persoas como vostede (subtitulado en galego).

Ademais dos seus artigos, Wikipedia ten un gran número de páxinas da comunidade: