Axente laranxa
| Axente laranxa | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| C₂₄H₂₇Cl₅O₆ | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
|
Composto por
| |||||||||||||
|
Ten o papel
| |||||||||||||
| Propiedades xerais | |||||||||||||
|
Masa
| |||||||||||||
| Propiedades estruturais | |||||||||||||
| Identificadores | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
O axente laranxa era unha mestura de herbicidas usada polos militares dos Estados Unidos de América na guerra de Vietnam entre xaneiro de 1965 e abril de 1970 como defoliante para impedir que as tropas do Vietcong se ocultaran na espesura da selva e facer visibles as súas liñas de aprovisionamento.
Era unha mestura de 2,4,5-T, 2,4-D e picloram. Debido á alta contaminación por dioxinas, (2,3,7,8-tetraclorodibenco-p-dioxina ou TCDD), no compoñente 2,4,5-T (presente nos lotes desta substancia proporcionados por un dos seus fabricantes, debido ó proceso de produción que este fabricante empregaba), culpóuselle de serias enfermidades que apareceron en moitos soldados e na poboación local.
O nome de axente laranxa provén da banda de cor laranxa usada polo exército nas barricas que contiñan o produto. Hai que indicar que había outras mesturas de auxinas sintéticas na guerra de Vietnam, en envases que foron coñecidos polas súas cores, tales como axente púrpura ou o axente rosa.
