Awake (filme)
| Awake | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Awake é un filme estadounidense dirixido por Joby Harold que se estreou no 2007. Está protagonizado por Hayden Christensen, Jessica Alba, Terrence Howard e Lena Olin. O filme foi estreado nos Estados Unidos e no Canadá o 30 de novembro de 2007.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Clay Beresford (Hayden Christensen) é un mozo multimillonario que debe someterse a un transplante de corazón. Para iso, deixa que o seu mellor amigo, o doutor Jack Harper (Terrence Howard), sexa o encargado de realizar a operación. Durante a intervención, Clay experimenta un estraño fenómeno que lle fai estar consciente e completamente paralizado mentres o operan. Namentres, a súa moza, Sam (Jessica Alba) debe facer fronte a unha serie de decisións que serán determinantes para o futuro de Clay. Segundo transcorre a intervención, todo da un xiro, facendo que nada sexa o que en principio semellaba.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hayden Christensen como Clay Beresford, Jr.
- Jessica Alba como Samantha "Sam" Lockwood/Tunnel
- Terrence Howard como Dr. Jack Harper
- Lena Olin como Lilith Beresford
- Fisher Stevens como Dr. Puttnam
- Arliss Howard como Dr. Neyer
- Christopher McDonald como Dr. Larry Lupin
- Georgina Chapman como Enfermeira Penny Carver
- Sam Robards como Clay Beresford, Sr.
- Steven Hinkle como Clay de neno
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2007: 2 nomeamentos ós Premios Razzie, incluíndo peor actriz (Jessica Alba).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)