Autumn Peltier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAutumn Peltier
Biografía
Nacemento27 de setembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (19 anos)
Wikwemikong Unceded Indian Reserve 26, Canadá (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAnishinaabe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
Global Conference 2022 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

LinkedIn: autumn-peltier-438474227 Editar o valor em Wikidata

Autumn Peltier, nada o 27 de setembro de 2004, é unha activista polos dereitos da auga orixinaria de Anishinaabe e membro da Primeira Nación de Wikwemikong. É unha protectora da auga e foi chamada "guerreira da auga".[1] Peltier dirixiuse aos líderes mundiais na Asemblea Xeral da ONU sobre o tema da protección da auga á idade de trece anos en 2018.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peltier vive no territorio autónomo anishinaabe na illa Manitoulin ao norte de Ontario.[4][5] Comezou a súa defensa en favor da auga á idade de oito anos e inspirouse na súa tía avoa, Josephine Mandamin.[3] O punto de inflexión para comezar o seu activismo foi cando asistiu a unha cerimonia na Reserva do Río Serpent e viu un sinal que advertía sobre o consumo de auga non potable, dándose conta de que non todas as persoas no Canadá teñen acceso á auga potable.[6]

Peltier pronto se converteu nunha oradora moi solicitada. Obtivo notoriedade nacional e internacional cando nunha reunión da Asemblea das Nacións Orixinarias entregoulle ao primeiro ministro canadense Justin Trudeau unha pota de auga de cobre e, aínda que non tivo tempo de pronunciar o seu discurso preparado, enfrontouse a Trudeau polo seu historial de protección da auga e o seu apoio ás tubaxes.[4] O seu acto inspirou á Asemblea das Nacións Orixinarias para crear o fondo Niabi Odacidae. Asistiu a eventos internacionais como a Children's Climate Conference en Suecia.[3]

En abril de 2019, a nación Anishinabek nomeou a Peltier comisionada en xefe da auga.[6][7] Esta posición ocupouna anteriormente a súa tía avoa Josephine Mandamin.

En setembro de 2019, Peltier foi nomeada para o Premio Internacional da Paz Infantil.[8] Tamén foi convidada a falar no Cume de Acción Climática do Secretario Xeral das Nacións Unidas en Nova York, en 2018 e 2019.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Nomeada para o Premio Internacional da Paz Infantil, 2017, 2018, 2019.[3][10][11][12]
  • Canadian Living Me to We Award Youth in Action under 12, 2017.[4]
  • Premio Ontario Junior Citizens, Asociación de Xornais de Ontario, 2017.[13]
  • Medalla Soberana do Voluntariado Excepcional, polo Gobernador Xeral do Canadá e o Tenente Gobernador de Ontario, marzo de 2017.[14]
  • Premio Ottawa Riverkeeper, 2018.[15]
  • Premio Water Warrior no Water Docs Film Festival en Toronto, 2019.[2]
  • Premio Novo Líder, Premio da Asociación de Servizos Sociais Municipais de Ontario, 2019.[16]
  • Nomeada Top 30 menores de 30 anos en América do Norte pola Educación Ambiental que marca a diferenza, 2019.[17]
  • Nomeada na lista de mulleres da BBC 100 para 2019.[18]
  • Nomeada á Maclean's list of 20 to Watch en 2020.[19]
  • Nomeada á Huffington Post's list of 15 Canadian Icons Who Stole our Hearts en 2019.[20]
  • Nomeada á Union of Concerned Scientists list of 2019 Science Defenders.[21]
  • Nomeada como unha Chatelaine 2019 Woman of the Year.[22]
  • “Planet in Focus” Rob Stewart Youth Eco-Hero, 2019.[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Autumn Peltier – Canadian Water Summit" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "'Water is alive': Autumn Peltier receives Water Warrior Award". 31 de marzo de 2019. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Teen who scolded Trudeau to address UN" (en inglés). 31 de decembro de 2017. Consultado o 2 de abril de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Staff, Expositor (27 de marzo de 2018). "Autumn Peltier: Wiikwemkoong’s, Island’s voice at the UN" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2019. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  5. Martínez, Paloma (27 de setembro de 2019). "¿Quién es la muy joven activista canadiense que hablará en Naciones Unidas?" (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Autumn Peltier named chief water commissioner by Anishinabek Nation". 25 de abril de 2019. Consultado o 3 de maio de 2019. 
  7. Erskine, Michael (1 de maio de 2019). "14-year-old Autumn Peltier chosen UOI’s new Water Commissioner" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2020. Consultado o 3 de maio de 2019. 
  8. Erskine, Michael (21 de setembro de 2019). "Manitoulin Island 'water warrior' Autumn Peltier nominated for international honour". Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  9. Becking, Marci (23 de setembro de 2019). "Autumn Peltier going to the United Nations to share her message about water". Consultado o 25 de setembro de 2019. 
  10. Johnson, Rhiannon (5 de outubro de 2017). "Anishinaabe teen only Canadian up for International Children's Peace Prize". Consultado o 2 de abril de 2019. 
  11. "Manitoulin Island 'water warrior' Autumn Peltier nominated for international honour" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  12. Erskine, Michael (18 de setembro de 2019). "Young People’s Peace Prize" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  13. "Ontario Junior Citizen Awards". Consultado o 26 de xullo de 2019. 
  14. "Water Warrior Award" (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2019. 
  15. "Ottawa Riverkeeper Gala rides wave of success to raise record high of $270K | Ottawa Business Journal". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 26 de xullo de 2019. 
  16. "Young Leader Award - Ontario Municipal Social Services Association". Consultado o 26 de xullo de 2019. 
  17. "Nominate or Apply to EE 30 Under 30" (en inglés). 24 de xuño de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2019. 
  18. "BBC 100 Women 2019: Who is on the list?" (en inglés). 16 de outubro de 2019. Consultado o 17 de outubro de 2019. 
  19. "20 people to watch in 2020 - Macleans.ca". www.macleans.ca. Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  20. "15 Canadian Icons Who Stole Our Hearts In 2019". HuffPost Canada. 31 de decembro de 2019. Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  21. "2019 UCS Science Defenders | Union of Concerned Scientists". www.ucsusa.org (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  22. "Autumn Peltier: Woman of the Year 2019 | Chatelaine". www.chatelaine.com. Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  23. "Inspirational Indigenous individuals: Water advocate Autumn Peltier". Global News (en inglés). Consultado o 2021-02-17.