Autónoe
| Autónoe | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Lugar de sepultura
| |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
|
Cónxuxe
| |||||||
|
Fillo/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Na mitoloxía grega, Autónoe (en grego antigo Αὐτονόη) era unha princesa tebana, filla de Cadmo (o fundador de Tebas) e da deusa Harmonía.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tiña un irmán maior, Polidoro, e outras tres irmás maiores: Ino, Sémele e Agave.[4][5] Casou con Aristeu en Beocia e foi nai de Acteón.[4][6] Quizais tamén o foi de Macris,[7] mais Apolonio de Rodas só menciona a Aristeu como pai e Autónoe non é mencionada como nai.[8] Ao morrer seu fillo Acteón, como consecuencia do episodio mitolóxico con Ártemis, deixou Tebas para sempre e marchou a Erenea (Mégara) onde en época histórica, aínda, se podía ver a súa tumba.[9]
Episodio da morte de Acteón
[editar | editar a fonte]No Himno V de Calímaco, recóllese a versión máis clásica da morte de Acteón da man de Ártemis por vela espida que despois foi cuberta de detalles por Ovidio na súa obra Metamorfoses.[10]
Este era un rapaz que gustaba da caza e, nunha ocasión que estaba no monte Citerión cos seus cincuenta cans de caza, no sur de Beocia, buscando a sombra, adentrouse nunha arboreda nun val que estaba consagrado a Artemis. no interior do val, nunha fonte, estaba tamén a deusa bañándose, coas súas ninfas. A deusa enfadada, celosa da súa virxinidade, botoulle auga na cara afirmando que se poidese, seguro que, diría que a vira espida. De súpeto, na zona da cabeza onde lle tocara a auga, empezaron a asomarlle cornas e, paseniñamente, se converteu nun veado. Malia a transformación, era consciente do que estaba a piques de suceder cando os seus cans se botaron a el e o mataron.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hesíodo, Teogonía, 977
- ↑ Hixino, Fábulas, 179
- ↑ Smith (1867), p. 447
- ↑ 4,0 4,1 Psuedo-Apolodoro, Biblioteca mitolóxica, 3.4.2
- ↑ Gallardo López (1995), p. 284
- ↑ Hard (2008), p. 213
- ↑ Pausanias. Descrición de Grecia, X, 17, 3
- ↑ Apolonio de Rodas: Argonáuticas, IV 1131
- ↑ Hard (2008), p. 395
- ↑ Hard (2008), p. 393
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gallardo López, Mª Dolores (1995). Manual de mitología clásica (en castelán). Madrid: Ediciones Clásicas. ISBN 84-7882-194-5.
- Hard, Robin (2008). El gran libro de la mitología griega (en castelán). (baseado no Manual de mitología griega de H. J. Rose) (1ª ed.). Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-699-3.
- Smith, William, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (vol. I) (en inglés). Boston: Little, Brown and Company.