Aurora Abásolo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1894 Durango, España |
Morte | 15 de agosto de 1971 (77 anos) Zarautz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Aurora Abásolo Díaz, nada en Durango (Biscaia) en 1894 e finada na mesma cidade en 1971, foi unha soprano española formada na Arxentina. Ofreceu numerosos concertos en Europa e América.[1] Foi considerada polos críticos como unha gran soprano lixeira, cunha voz ben modulada e flexible e unha técnica refinada. Residiu entre Durango e París. Dedicou os seus últimos anos á docencia en Durango. Desde 2017 o parque da Escola de Música e Conservatorio toma o seu nome a proposta da asociación feminista Andereak no Consello de Igualdade.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Abásolo, Aurora - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en éuscaro). Consultado o 2019-01-23.
- ↑ "Durango dedica un parque a la soprano Aurora Abasolo para reconocer su trayectoria". durangon.com (en castelán). 2017-06-24. Consultado o 2019-01-23.