Augusto Ulloa Castañón
Nome orixinal | (es) Augusto Ulloa y Castañón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de abril de 1823 Santiago de Compostela, España |
Morte | 26 de marzo de 1879 (55 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político, diplomático |
Partido político | Partido Constitucional |
Membro de | |
Augusto Ulloa Castañón, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1823 e finado en Madrid o 26 de marzo de 1879, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Dereito Político e Penal na Universidade Central de Madrid, cargo que abandonou para dedicarse ao xornalismo e á política. Afiliouse á Unión Liberal e, logo do triunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado por Lugo (1854), A Fonsagrada (1858, 1863, 1864, 1871, 1872 e 1876), A Coruña (1865) e Mondoñedo (1869). Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Participou na Revolución de 1868 e votou a favor de Amadeu I. Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.