Auguste Chatron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jules-Auguste Chatron
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento20 de abril de 1844 en Charix, Ain
Pasamento6 de maio de 1917 en Osaca
Ordes
Ordenación sacerdotal26 de setembro de 1869
Consagración episcopal18 de outubro de 1896, por Pierre-Marie Osouf
Bispo de Osaca
22 de xullo de 1896 - 6 de maio de 1917
PredecesorHenri-Caprais Vasselon
SucesorJean-Baptiste Castanier
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Jules-Auguste Chatron, nado en Charix (Ain) o 20 de abril de 1844 e finado en Osaca o 6 de maio de 1917 foi un bispo católico francés, misioneiro das Misións Estranxeiras de París e bispo de Osaca, dende 1896 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jules-Auguste Chatron naceu o 20 de abril de 1844 en Charix, no departamento de Ain (eclesiasticamente na diocese de Belley), nunha familia modesta de labregos.[1] Perdeu os seus pais cando era pequeno e educouno un tío. Por influencia dun parente crego, Joseph Carron, entrou no seminario menor de Meximieux, onde estudou até 1866. Continuou os seus estudos no seminario de Brou, e finalmente foi ordenado sacerdote o 26 de setembro de 1869.[1]

Destinado á misión de Nagasaki o 7 de maio de 1873.[1] En 1893 estableceuse en Osaca como vigairo xeral do bispo Henri-Caprais Vasselon,[1] e logo da súa morte foi nomeado bispo de Osaca o 22 de xullo de 1896.[1] En 1903 visitou San Francisco para recadar fondos para a misión, e para tratar unha dobre hernia. Volveu ao Xapón en 1904, logo de pasar por Francia. Finou en Osaca o 5 de xuño de 1917, a causa dunha operación para tratar unha recorrenza nesta doenza.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Thiébaud, Jean-Marie (2008). La Présence française au Japon: Du XVIème siècle à nos jours. Editions L'Harmattan. p. 220. ISBN 9782296192874. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Henri-Caprais Vasselon
 Bispo de Osaca 
1896 - 1917
Sucesor:
Jean-Baptiste Castanier