Teraina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atol Teraina»)
Teraina
Teraina en 2006. Vista desde o satelite.
Datos
País Kiribati
Illa principal
Linguas
Poboación (2005) 1.155 hab.
Superficie 7´8 km²
Superficie lagoa km²
Nº de illas 1
Coordenadas 04°41′00″N 160°22′40″O / 4.68333, -160.37778
Maior Altura 5 m.
Localización
Localización do atol Teraina

Teraina, tamén coñecida como Illa Wáshington (ambos os nomes son oficiais), é un atol coralino situado no océano Pacífico central. Forma parte das Illas da Liña pertencentes á República de Kiribati.

A illa posúe unha área de 7´8 km², e a poboación en 1990 ascendía a 936, chegando a 1000 en 2000. A capital, Tangkore atópase na parte occidental da illa.

A principal actividade na illa é a produción de copra. En 1798 foi descuberta polo norteamericano neoiorquino Edmund Fanning, quen lle puxo o nome do presidente George Washington. Tamén foi coñecida como illa New York e illa Prospect.

Todas as localidades atópanse na lista seguinte, cos resultados do censo de 2005. Atópanse situadas seguindo as agullas do reloxo ao redor do perímetro do atol.

Non. Localidade Poboación

(Censo 2005)

1 Abaiang 91
2 Kauamwemwe 106
3 Uteute 72
4 Kaaitara 34
5 Tangkore 203
6 Matanibike 191
7 Arabata 190
8 Mwakeitari 92
9 Onauea 176
Teraina 1155
Illas da Liña
Illas da Liña
Casa de Reunión dos homes (novembro de 1968)