Atol Taiaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Taiaro
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009) Deshabitado, privado
Superficie 6 km²
Superficie lagoa 12 km²
Nº de illas
Coordenadas 15°45′S 144°38′O / -15.750, -144.633Coordenadas: 15°45′S 144°38′O / -15.750, -144.633
Maior Altura 4 m.
Localización
Localización do atol

Taiaro é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, dependente de Kauehi, comuna asociada á comuna de Fakarava. Está situado no centro e ao oeste do arquipélago, a 65 km ao nordés de Fakarava.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O atol é de forma circular, un anel de terra de 700 metros de ancho cunha superficie total de 6 km², e unha altitude de entre 3 e 4 m. A lagoa queda pechada, aínda que a auga se renova por diversas canles. O fondo da lagoa é de area, cunha profundidade de entre 15 e 20 m.

A vila principal é Paganie. Hoxe en día o atol é propiedade privada de W.A.Robinson, non está habitado permanentemente nin dispón de infraestruturas.

Historia[editar | editar a fonte]

Taiaro quere dicir literalmente «perdido no mar». Foi descuberto en 1835, por Fitz-Roy, sendo o último atol descuberto das Tuamotu. Coñecíase co nome de Wilkes. En 1977 a UNESCO declarou o atol de Taiaro reserva da biosfera, destacando a particularidade dun atol completamente pechado e deshabitado, e a importancia e a diversidade da fauna e a flora. Ultimamente hai unha proposta para ampliar a reserva da biosfera a todos os atois do concello de Fakarava.