Kauehi é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. É unha comuna asociada á comuna de Fakarava, que inclúe o atol de Taiaro. Está situado ao oeste do arquipélago, a 40km ao nordés de Fakarava e a 18km ao noroeste de Raraka.
O atol é moi baixo, cunha forma case circular de 23km de longo e 17km de ancho, e cun paso á lagoa interior. A superficie total é de 28km². A vila principal é Tearavero, cunha poboación de 699 habitantes no censo de 1996. Os habitantes viven principalmente do cultivo de perlas e copra. Dispón dun aeródromo.