Mataiva é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Rangiroa. Está situado no extremo noroeste do arquipélago, a 18km ao noroeste de Tikehau, e 80km ao noroeste de Rangiroa.
O atol ten unha forma ovalada de 10km de longo e 5,3km de ancho. A lagoa é pouco profunda e moi rica en fosfatos. No centro da lagoa hai un monólito de basalto negro. A coroa de escollos ten nove canles entre o océano e a lagoa. O nome Mataiva significa «nove ollos», e moitas veces escríbese incorrectamente como Matahiva. A ambos os dous lados do paso principal está a vila de Pahua unida por unha ponte de 120 metros de longo. O clima é húmido e tropical, cunha temperatura entre 24 e 30°C, e unha precipitación media anual de 2.500mm.
Foi descuberto por Bellinghausen en 1820, que o chamou Lazareff. O atol era visitado esporadicamente desde os veciños Tikehau e Rangiroa para colleitar copra e tartarugas mariñas. Desde o 1945 está habitado permanentemente, cunha poboación de 227 habitantes no censo do 1996.