Atol Akiaki
Aparencia
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Tuamotu | ||||
Situado na entidade xeográfica | Tuamotu | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Atol Vahitahi, Francia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1 () × 2 () km | ||||
Superficie | 1,4 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1768 | ||||
Akiaki (antes Lanciers e Thrum Cap) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente depende da comuna de Nukutavake. Está situado no centro e ao leste do arquipélago, a 130 km de Nukutavake.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Hoxe a lagoa interior está seca, e o atol está deshabitado.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto en 1768, polo francés Louis Antoine de Bougainville. Sorprendido de que unha illa tan pequena puidese estar habitada, pensou que serían náufragos, pero ao achegarse os indíxenas ameazáronlles cunhas enormes lanzas, e chamouna illa dos Lanceiros (Lanciers). O ano seguinte ao inglés James Cook pareceulle que tiña a forma da típica gorra dos mariñeiros e chamouna Thrum Cap.