Atol Ailinglaplap
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Illas Marshall | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.729 (2011) (117,62 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14,7 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MH-ALL | ||||
Ailinglaplap é un atol de 56 illas no océano Pacífico, e forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. Atópase a 152 km. ao noroeste do atol Jaluit. A súa superficie total é de só 14´7 km², pero encerra unha lagoa interior de 750 km². A economía do atol está dominado polas plantacións de coco. A poboación do atol era de 1.959 habitantes en 1999. A illa Jabat atópase na costa de Ailinglaplap. O expresidente das Illas Marshall, Kessai Note naceu na illa Jeh.
"Ailinglaplap" tradúcese como "atol moi grande" ('aelon' (atol)+'laplap' (sufijo superlativo)), debido ao tamaño das illas. Os tres principais centros de poboación en Ailinglaplap son os asentamentos de Woja, no extremo oeste do atol, Jeh no nordés, e Airok Bouj no sur.
A poboación do atol é de 1.959 persoas (1999). O actual presidente das Illas Marshall, Kessai Note naceu aquí.
Historia
[editar | editar a fonte]Ailinglaplap foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Varias estacións comerciais europeas establecéronse nas illas Ailingkaplap como parte do comercio de copra. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.
Hai 3 aeroportos no atol, servidos por Air Marshall Islands cando as súas aeronaves están en funcionamento:
- aeroporto de Ailinglaplap AIP atópase ao sur: liña: O aeroporto 7°16′45″N 168°49′32″L / 7.27917, -168.82556 .
- aeroporto de Jeh JEJ está situado ao nordés: aeroporto 07°33′54″N 168°57′42″L / 7.56500, -168.96167 .
- aeroporto de Woja WJA atópase a oeste: aeroporto 7°27′03″N 168°33′00″L / 7.45083, -168.55000.