Atholl
Coordenadas: 56°42′14″N 3°47′38″O / 56.704, -3.794
Atholl ou Athole (en escocés: Athall; en gaélico antigo Athfhotla) é unha división histórica das Highlands de Escocia, que limita con Marr, Badenoch, Lochaber, Breadalbane, Strathearn, Perth e Gowrie. No presente forma parte de Perth e Kinross, Escocia.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
En gaélico escocés o nome é Athall, que deriva do gaélico antigo Ath-fhotla, ou 'Nova Irlanda' (Fódla era o nome tradicional de Irlanda). Pénsase que deriva do período de asentamento gaélico en Escocia, que anteriormente estivera habitado polos pictos.