Atentados de París de novembro de 2015
Atentados de París de novembro de 2015 | |
---|---|
Localizacións dos ataques:
| |
Lugar | París e Saint-Denis, Francia |
Coordenadas | 48°51′47″N 2°22′14″L / 48.863027777778, 2.3706388888889 |
Data | 13 - 14 de novembro de 2015 21:16 - 00:58 (CET) |
Tipo de ataque | Tiroteo, explosión, toma de rehenes, ataque suicida |
Arma(s) | Fusiles AKM,[1] granadas de mano e chalecos con peróxido de acetona |
Mortos | |
Feridos | +350[4][5] |
Perpetrador(es) | Estado Islámico[3][6][7] |
Motivo | Xihadismo |
[ editar datos en Wikidata ] |
A noite do 13 de novembro de 2015 producíronse unha serie de ataques terroristas coordinados, consistentes en tiroteos en masa, explosións suicidas e toma de reféns en París (Francia) e no suburbio do norte, Saint-Denis. Comezaron ás 21:16 CET,[8] con tres explosións suicidas preto de Stade de France e tiroteos en masa e outra explosión suicida en catro lugares preto do centro de París.[8][9] O ataque máis sanguento produciuse no teatro Bataclan durante un concerto da banda estadounidense Eagles of Death Metal, onde os terroristas tomaron reféns e participaron nun enfrontamento coa policía que rematou ás 00:58 CET do 14 de novembro de 2015. Nos ataques morreron 129 persoas, 89 das cales foron asasinadas no teatro Bataclan.[10][11][12] Ademais, 433 persoas resultaron feridas durante os ataques, incluíndo 80 que se foron descritas como estado grave.[13] Os ataques foron os máis sanguentos ocorridos en Francia dende a segunda guerra mundial,[14][15] e os máis sanguentos na Unión Europea dende os atentados de Madrid de 2004.[16]
O 14 de novembro, o Estado Islámico de Iraq e Levante (ISIS) reivindicou a responsabilidade dos ataques.[17][18][19] O motivo de ISIS foi tomar represalias pola intervención francesa na guerra civil siria e na guerra civil iraquí.[20][21] Hollande declarou que os ataques foron organizados dende o estranxeiro "por Daesh," un acrónimo árabe para ISIS,[22] "con axuda interna",[23] e describiunos como "un acto de guerra."[24]
En resposta ós ataques, o Presidente de Francia François Hollande anunciou o estado de emerxencia nacional, e ordenou controis temporais nas fronteiras do país nun comunicado televisado ás 23:58 CET.[10] Foi o primeiro estado de emerxencia nacional dende o remate da segunda guerra mundial.[25] Antes do ataque, Francia mantiña a alerta alta dende os atentados de xaneiro de 2015 en Île-de-France que acabaron con dezasete persoas.[26] En resposta ós atentados, o 15 de novembro Francia lanzou un ataque encadrado na Operación Chammal, nome co que se coñece a súa contribución á campaña de bombardeo anti-ISIS, cuxo obxectivo principal foi a cidade de Al-Raqqah.[27]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Francia mantiña a alerta alta por ameaza terrorista dende o tiroteo en Charlie Hebdo a comezos de xaneiro de 2015 e os ataques en xaneiro de 2015 en Île-de-France.[26] Francia tamén incrementara a seguridade por mor da XXI Conferencia sobre Cambio Climático que se celebraría en París dende o 30 de novembro até o 11 de decembro de 2015, e restaurara os controis fronteirizos a semana antes dos ataques.[26]
Ataques
[editar | editar a fonte]Producíronse sete ataques coordinados individuais[28] con seis tiroteos e tres explosións.[29][30] As explosións ocorreron preto do Stade de France, mentres que os tiroteos foron arredor de Rue Alibert, Rue de la Fontaine-au-Roi, Rue de Charonne o Teatro Bataclan no Boulevard Voltaire, Avenue de la République e Boulevard Beaumarchais.[31]
Oito terroristas morreron, sete inmoláronse e un foi abatido polas forzas policiais. As autoridades comezaron a busca de cómplices que puideran ter fuxido.[32]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paris attacks: At least 118 killed in gunfire and blasts, French official says" (en inglés). CNN. 13 de novembro de 2015.
- ↑ "Fatal shootings and explosion reported in Paris – live". The Guardian (en inglés). 13 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Paris attacks". BBC News.
- ↑ CNN news (13 de novembro de 2015). "Paris attacks updates." (en inglés).
- ↑ "Attaques à Paris : le point sur l’enquête et le déroulé des attaques". Le Monde (en francés). 14 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Estado Islámico se adjudicó la responsabilidad de los ataques de París Arquivado 16 de novembro de 2015 en Wayback Machine. LA NACION - 14 DE NOVIEMBRE DE 2015
- ↑ Estado Islámico revindica los ataques y advierte: "Es solo el comienzo de la tormenta" EP. 14.11.2015
- ↑ 8,0 8,1 "Soudain, l'une des bombes explose en plein match". 20 minutes (Suíza) (en francés). Consultado o 14 de novembro de 2015.
On entend clairement, sur cette vidéo, la détonation de 21h16
- ↑ Nossiter, Adam; Gladstone, Rick (13 de novembro de 2015). "Paris Attacks Kill More Than 100, Police Say; Border Controls Tightened". The New York Times. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ 10,0 10,1 Rawlinson, Kevin (13 de novembro de 2015). The Guardian, ed. "Fatal shootings and explosion reported in Paris – live". Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ BBC News, ed. (13 de novembro de 2015). "Paris shootings: Casualties in city centre and explosion at the Stade de France". Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ BBC News, ed. (13 de novembro de 2015). "Paris shootings and explosions near the Stade de France kill 18". Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ BBC News (ed.). "Paris attacks updates (15 Nov)". Consultado o 15 de novembro de 2015.
- ↑ Fraser, Isabelle; Henderson, Barney. The Telegraph, ed. "Paris shooting: terrorists attack French capital – as it happened on Friday Nov 13". Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Slaughter, Graham. CTV news, ed. "Paris on edge: Recent terror attacks in France". CTV News. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Nossiter, Adam; Breeden, Aurelien; Clark, Nicola (14 de novembro de 2015). "Paris Attacks Were an 'Act of War' by ISIS, Hollande Says". The New York Times. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ CNN (ed.). "ISIS claims responsibility of Paris attacks". Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ France 24, ed. (14 de novembro de 2015). "L'organisation État islamique revendique les attentats de Paris" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ DiscloseTv, ed. (14 de novembro de 2015). "ISLAMIC STATE RELEASES OFFICIAL STATEMENT: 'WE DID IT AND PARIS IS JUST THE START OF A STORM'". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Elgot, Jessica; Phipps, Claire; Bucks, Jonathan (14 de novembro de 2015). "Paris attacks: Islamic State says killings were response to Syria strikes". The Guardian. Consultado o 14 de novembro de 2015.
The group says the killings were in response to airstrikes against its militants in Syria, adding France would remain a "key target".
- ↑ Dalton, Matthew; Varela, Thomas; Landauro, Inti (14 de novembro de 2015). "Paris Attacks Were an 'Act of War' by Islamic State, French President François Hollande Says". The Wall Street Journal. Consultado o 14 de novembro de 2015.
Islamic State claimed responsibility for the attacks on a social media account, but didn't provide specific information that would allow the claim to be verified. It said the attacks were retaliation for French airstrikes against the group in Syria and Iraq.
- ↑ Nossiter, Adam; Breeden, Aurelien; Bennhold, Katrin (14 de novembro de 2015). The New York Times, ed. "Three Teams of Coordinated Attackers Carried Out Assault on Paris, Officials Say; Hollande Blames ISIS". Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Thomson Reuters Foundation, ed. (14 de novembro de 2015). "Hollande says Paris attacks 'an act of war' by Islamic State". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ BBC News, ed. (14 de novembro de 2014). "Paris attacks: Hollande blames Islamic State for 'act of war'". Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Melander, Ingrid and Marine Pennetier (14 de novembro de 2015). Reuters, ed. "At least 120 dead in Paris attacks, Hollande declares emergency". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ 26,0 26,1 26,2 Randolph, Eric and Simon Valmary (13 de novembro de 2015). Agence France-Presse, ed. "More than 120 people killed in Paris 'terror' attacks". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Rubin, Alissa. The New York Times, ed. "France Strikes ISIS Targets in Syria in Retaliation for Attacks". Consultado o 16 de novembro de 2015.
- ↑ "EN DIRECT. Fusillades à Paris : assaut terminé au Bataclan". Le Point (en francés). Consultado o 14 de novembro de 2015.
- ↑ Ing, Nancy; Fieldstadt, Elisha (13 de novembro de 2015). NBC News, ed. "Dozens Dead, Hostages Held in Multiple Paris Attacks". Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ Shapiro, Emily (13 de novembro de 2015). "Several Dead After Explosions and Shootings in Paris". ABC News. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ Goldstein, Sasha (13 de novembro de 2015). "At least 26 dead after explosion, shooting reported in Paris". NY Daily News. Consultado o 13 de novembro de 2015.
- ↑ Haaretz, ed. (13 de novembro de 2015). "At Least 35 Dead, More Than 100 Hostages Taken in Multiple Paris Attacks". Consultado o 13 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atentados de París de novembro de 2015 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Emergency website (en francés). Ministerio Francés do Interior
- Summary and live updates. BBC News
- Summary and live updates. CNN
- Summary and live updates. The New York Times
- Live updates. France 24