Astron
Astron | |
---|---|
Esquema de Astron | |
Tipo | Observatorio espacial. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 23 de marzo de 1983[1][2][3] |
Foguete portador | Proton K/D-1[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Obxectivo da misión | Observación astronómica en raios X e ultravioleta.[2][4] |
NSSDC ID | 1983-020A |
Masa | 3250 kg[2][5] |
Dimensións | 6 m de lonxitude[4] |
Datos orbitais | |
Inclinación | 63,4 graos[5] |
Apoapse | 189.290,3 km[5] |
Periapse | 14.967,8 km[5] |
Astron foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa[5] lanzado o 23 de marzo de 1983 desde o cosmódromo de Baikonur mediante un foguete Proton K/D-1.[2]
Características
[editar | editar a fonte]Astron foi lanzado a unha órbita altamente elíptica cun apoxeo a unha distancia de case a metade da distancia á Lúa, permitíndolle estar fora da sombra da Terra e dos cintos de radiación durante o 90% do tempo da súa órbita.[4]
O satélite deixou de funcionar en xuño de 1989, tras superar a súa esperanza de vida inicial, dun ano.[4]
Instrumentación
[editar | editar a fonte]O instrumento principal era un telescopio franco-soviético para o ultravioleta de 5 metros de lonxitude. Ademais levaba a bordo un espectrómetro de raios X consistente nun contador proporcional sensible ós raios X con enerxías de entre 2 e 25 keV e cunha área efectiva de 0,17 m². O campo de visión era de 3°x3°.[4]
Resultados
[editar | editar a fonte]O espectrómetro de raios X tomou datos continuous de Hercules X-1 1983 e 1984. Tamén observou fontes de raios X en Orión, Taurus e Leo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ASTRON" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "ASTRON" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ "Note verbale dated 31 May 1983 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (83-14976(E)). 9 de xuño de 1983. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astron 1" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2011). "Astron" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2011.