Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da asociación

A Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro é unha asociación profesional, sen animo de lucro, creada o 7 de setembro de 1998 na comarca do Ribeiro. Poden ser socios os colleiteiros da Denominación de Orixe Ribeiro que embotellan e comercializan o seu viño, producido unicamente a partir de uvas de colleita propia.

Centra o seu labor en: asegurar o relevo xeracional da figura do Colleiteiro no rural galego, fomentar a promoción nacional e internacional[1], abaratar os custos de produción e representar aos seus asociados ante as distintas entidades e/ou organismos, tanto públicos como privados.

Actualmente agrupa a 30 adegas de Colleiteiro, entre as cales elaboraron, entre viño branco e tinto, un total de 438.511 litros na colleita 2019.

Notas[editar | editar a fonte]