Asociación de Bibliotecarios da Igrexa en España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Bibliotecarios da Igrexa en España
Logo
AcrónimoABIE
TipoEclesiástico
Campo de traballobibliotecoloxía
Data de fundación1993
Presidente/aFrancisco José Cortés Martínez (en) Traducir (2018-) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros79 (2024) Editar o valor em Wikidata
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
http://www.abie.es
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Bibliotecarios da Igrexa en España (ABIE) é unha asociación canónica pública de ámbito español, sen ánimo de lucro, creada o 1993 pola Conferencia Episcopal Española, para a defensa, conservación e difusión do patrimonio bibliográfico da Igrexa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Previamente, en 1969, 1972 e 1985 tiveron lugar tres intentos para agrupar aos bibliotecarios eclesiásticos españois, tal e como xa se facía cos arquiveiros eclesiásticos desde o ano 1969.[2]​ Estes intentos acabaron frutificando grazas ao impulso de Josep Maria Martí Bonet, quen en 1991 convocou ata 75 directores de bibliotecas eclesiásticas.[2] Á convocatoria asistiron tan só 15, pero estes establecéronse en Comisión Xestora, co encargo de constituír a futura Asociación.[3] Así, o 9 de abril de 1993, tivo lugar no Seminario Conciliar de Madrid a Asemblea Constituínte da Asociación, aínda que os seus estatutos non foron aprobados pola Conferencia Episcopal Española ata o 19 de novembro de 1993.[3]​ O primeiro presidente da asociación foi Alfonso de la Fuente, mentres que Carlos García Andrade foi nomeado secretario.[3]

ABIE é unha das 20 asociacións e colexios profesionais membros da Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID) desde o 13 de decembro de 2008.[4]​ Así mesmo, desde 1997,[4]​ a Asociación tamén é membro de BETH, Bibliotecas Europeas de Teoloxía (Bibliothèques Européennes de Théologie, nas súas siglas en francés; European Theological Libraries, nas súas siglas en inglés). En 2019, contaba con máis de 50 socios.[5]

Segundo o capítulo II, artigo 6.1 dos seus estatutos,[6]​ a asociación está formada por todas aquelas persoas que acrediten ter un cargo estable de bibliotecario ou auxiliar de biblioteca en calquera das máis de 300 bibliotecas[5][7] (capitulares, diocesanas, parroquiais, episcopais etc.) ou centros de documentación eclesiásticos de toda España.[8]

Ten como principais actividades a realización de cursos temáticos de formación[9]​ para os seus socios, e a celebración desde 2007 dunhas Xornadas Técnicas,[10]​ de periodicidade anual, que se celebraron principalmente en Madrid, na sede da Conferencia Episcopal Española (2007-2012) e na Universidade Eclesiástica San Dámaso (2013-2017). A partir de 2018 estas xornadas comezan a realizarse en diferentes puntos da xeografía española, tendo lugar nos últimos anos en Córdoba (2018), Oviedo (2019) e Salamanca (2020), esta última aprazada a 2022 debido á pandemia ocasionada polo Covid'19. Estas Xornadas convertéronse no principal e máis importante punto de encontro e de reunión de todos os profesionais e técnicos que xestionan as bibliotecas eclesiásticas, para o intercambio de opinións, de experiencias e de posta ao día de coñecementos. As Xornadas organízanse conxuntamente coa Comisión Episcopal para o Patrimonio Cultural da Conferencia Episcopal Española.[11]

O ano 2010, xunto coa Fundación Ignacio Larramendi, a ABIE convocou a primeira edición do concurso "Boas Prácticas Bibliotecarias",[12]​ na que resultou gañadora a Biblioteca do Colexio de San Gabriel de Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sánchez Becerra, Sara (2018). El fondo local de una biblioteca eclesiástica: memoria de prácticas en la Biblioteca del Seminario Diocesano de Monte Corbán (Tese). Santander. p. 7.
  2. 2,0 2,1 Turbett Álvarez (2020), p. 35
  3. 3,0 3,1 3,2 Turbett Álvarez, Jaime (2020), p. 36
  4. 4,0 4,1 Turbett Álvarez, Jaime (2020), p. 37
  5. 5,0 5,1 «La Iglesia española quiere catalogar los "millones" de libros de sus bibliotecas que esconden "joyas bibliográficas"». La Vanguardia, 23-04-2019. [Consulta: 09-11-2021]
  6. ABIE (ed.). «Estatutos». Consultado o 05/03/2020
  7. «La Iglesia española quiere catalogar los "millones" de libros de sus bibliotecas que esconden "joyas bibliográficas"». Europa Press, 23-04-2019. [Consulta: 09-11-2021]
  8. Moreno García, Pilar «V Jornadas Técnicas de Bibliotecarios de la Iglesia». Folio Complutense, 04-04-2011 [Consulta: 09-11-2021]
  9. ABIE (ed.). «Cursos». Consultado o 05/03/2020.
  10. ABIE (ed.). «Jornadas». Consultado o 05/03/2020.
  11. «Comisión Episcopal de Patrimonio Cultural, CEE» (en castelán). Hispania Nostra. [Consulta: 22 març 2020].
  12. Aliesprofesor.es (ed.). «Premio ABIE de Bibliotecas (2010) Arquivado 13 de xuño de 2013 en Wayback Machine.». Consultado o 05/03/2020

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]