Ascensor de Iturribide-Zabalbide
Aparencia
O ascensor de Iturribide-Zabalbide é un ascensor situado na cidade de Bilbao.

Historia
[editar | editar a fonte]Inaugurado polo Concello de Bilbao o 15 de maio de 2015, conecta as rúas Iturribide, á altura do número 91, e Zabalbide, á altura do número 43. A súa instalación permitiu mellorar a accesibilidade entre a zona vella e Santutxu, ao salvar unha pendente de 22 graos. O elevador está inclinado, cunha estética semellante á dun funicular.[1]
A obra enmárcase no Plan Especial de Elementos Mecánicos, xunto con outros catro ascensores en Basurtu, Zorrozgoiti, Otxarkoaga e na Praza do Funicular.[2]
Medios de transporte
[editar | editar a fonte]Como medio de transporte alternativo, xunto ao ascensor están os accesos á estación de Santutxu do metro de Bilbao.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ascensores y rampas" (en castelán).
- ↑ "Un ascensor conecta ya Zabalbide e Iturribide". El Correo (en castelán). 16 de maio de 2015. Consultado o 7 de setembro de 2023.