Funicular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vías dun funicular nos Ánxeles

Un funicular (do latín funicŭlus, "corda") é un tipo especial de ferrocarril utilizado para salvar grandes pendentes. Non se debe confundir cos ferrocarrís dotados de planos inclinados. Circula sobre raíles e normalmente dispón de dúas cabinas enlazadas por un cable de aceiro sobre unha vía de ferrocarril, a modo de ascensor inclinado, de tal forma que mentres un vehículo sobe o outro baixa, o que permite aproveitar a enerxía potencial do que queda na parte superior para subir o inferior á vez que se frea o que está baixando.

Os vagóns adoitan compartir a mesma vía salvo no punto medio, onde se bifurca para que poidan pasar á vez. Os vehículos carecen de motorización propia, xa que o movemento imprímeo un motor que acciona unha gran polea, que á súa vez move o cable de tracción. No entanto, os vehículos van dotados de varios sistemas de freado, tanto de servizo como de urxencia, este último en caso de fallo nas instalacións (rotura ou disensión do cable etc.) ou nos vehículos.

Este medio de transporte creouse ao redor do século XIX como unha alternativa ás vías do ferrocarril, como medio de vencer grandes pendentes.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]