Ascensor de Begoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°15′38″N 2°55′19″O / 43.26052222, -2.92199722

Columna do ascensor de Begoña.

O Ascensor de Begoña é un ascensor actualmente en desuso situado na cidade de Bilbao.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Construíuse en 1943 con deseño do arquitecto Rafael Fontán, e entrou en servizo en 1949. Encargado pola familia Aranguren, tiña como obxectivo salvar o desnivel entre o barrio de El Arenal e a Zona vella, concretamente a rúa Esperanza.[2] Dese xeito, enlazaba directamente coa estación de tren coñecida como Bilbao Aduana e posteriormente como San Nicolás. Actualmente sitúase alí a parada de metro de Zazpikaleak/Zona vella. Segue modelos de ascensores suízos similares de principios do século XX.

Construído en formigón armado, consta dunha pasarela que chega a un miradoiro (con certa referencia á estética maquinista). Dende aí parte unha columna oca que transporta os pasaxeiros até a zona baixa da cidade. Xa no século XIX ideárase un elevador para Bilbao, proxecto que nunca chegou a realizarse.

Debido á súa grande altura (salva 45 metros) e á súa localización no centro da cidade, é visíbel desde diferentes puntos, co que se converteu nun fito arquitectónico. Deixou de funcionar o 8 de xullo de 2014 tras pedir a concesionaria ao Goberno Vasco a caducidade da adxudicación por falta de rendibilidade, malia non expirar até 2044.[3]

Os servizos de ascensor son prestados provisionalmente polos do Metro de Bilbao, na estación de Zona vella.[4]

Atópase nun estado de abandono á espera dun proxecto municipal que permita o seu aproveitamento.[5] En maio de 2019 o concello asumiu o custo e execución das reparacións subsidiarias.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García de la Torre, Bernardo I.; García de la Torre, Francisco J. "Ascensor de Begoña". Bilbaopedia (en castelán). 
  2. "Ascensor de Begoña". Bilbaoarquitectura. Consultado o 21 de novembro de 2017. 
  3. "El emblemático ascensor de Begoña dejará de funcionar esta noche". EITB (en castelán). 8 de xullo de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  4. "El ascensor del metro en el Casco Viejo sustituye al de Begoña". Deia (en castelán) (Bilbao). 15 de setembro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  5. "Prevén nuevos usos para el elevador de Begoña cuando salga del «limbo jurídico»". El Correo (en castelán). 16 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2023. 
  6. "Ayuntamiento de Bilbao inicia la reparación de la torre del ascensor de Begoña". Europa Press (en castelán) (Bilbao). 13 de maio de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]